Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13726

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (58/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 58/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Alberto Pérez Lugo contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., e Instituto Nacional da Seguridade Social sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

Estimo parcialmente a acción exercida por Luis Alberto Pérez Lugo fronte ao INSS e á empresa Pavimentos Compavi, S.L., declarando que a responsabilidade empresarial por falta de medidas de seguridade derivada do accidente de traballo do 23 de marzo de 2007 sufrido polo demandante e declarada por Resolución do INSS do 2 de novembro de 2010 debe comportar un incremento do 40 % con cargo á empresa responsable Pavimentos Compavi, S.L. das prestacións económicas da Seguridade Social que teñan causa en tal accidente. Todo isto con condena das demandadas a pasar pola presente resolución, e á empresa indicada a constituír o capital custo necesario para efectuar o pagamento do dito incremento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto 0030 1846 a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0058 11 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0058 11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou cando celebraba audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pavimentos Compavi, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de abril de 2013

O secretario xudicial