Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13728

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (305/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 305/2012 por instancia de José Manuel Naya Calvo contra Europea de Recubrimientos, S.L. e Industrias Químicas Clenin, S.A. sobre cantidade, nos que con data do 27 de febreiro de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Naya Calvo contra Empresa Europea de Recubrimientos, S.A., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Empresa Europea de Recubrimientos, S.A., a que aboe ao demandante a cantidade de 4.939,18 euros brutos, polos salarios percibidos en decembro de 2011, e xaneiro de 2012, pagas extras de decembro de 2011, e parte proporcional de verán 2012, compensación económica por vacacións anos 2011 e 2012, e falta de aviso previo, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Naya Calvo, contra Industrias Químicas Clenin, S.A., absolvéndoa de todas as pretensións fronte a esta exercitadas.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a previa consignación do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, nº 47570000 código 36 e nº de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresas demandadas Europea de Recubrimientos, S.L. e Industrias Químicas Clenis, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizasen nos estrados do xulgado agás as que revistan forma de localizacións, sentenzas e autos, e expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 14 de marzo de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial