Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13724

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3836/2010-GZ).

Asunción Barrio Rúa, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3836/2010 desta sección, seguido por instancia do Servizo Público de Emprego Estatal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tracim, S.L. e Miguel José Fernández Pérez, sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos que, logo do rexeitamento do recurso interposto polo Servizo Público de Emprego Estatal, confirmamos a sentenza que, con data do 27.4.2010, foi ditada nos autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, por instancia de Miguel José Fernández Pérez e pola que se acolleu a demanda formulada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez asine, expídase certificación para a constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Tracim, S.L., con último domicilio coñecido na Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de abril de 2013

A secretaria xudicial