Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13722

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (26/2013 MCR).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 26/2013 MCR desta sección, seguido por instancia do Instituto Español de Oceanografía, Atlas Servicios Empresariales, S.A. e Cristina Sexto Naveira contra o Fogasa, Grupo Media Vigo, S.L., Gestión Turística, C.B., Lecer Casco Vello, C.B., Miguel Ángel Pérez Méndez e Daniel A. López Rodríguez sobre despedimento disciplinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva literalmente di así:

«Que, rexeitando os recursos de suplicación interpostos pola representación procesual de Cristina Sexto Naveira e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e aceptando en parte o interposto pola empresa Atlas Servicios Empresariales, S.L., contra a sentenza do quince de xuño do ano dous mil doce, ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, en proceso promovido por Cristina Sexto Naveira fronte ás empresas: Instituto Español de Oceanografía (IEO), Atlas Servicios Empresariales, S.L., Gestión Turística, C.B., Miguel Ángel Pérez Méndez, Lecer Casco Vello, C.B., Grupo Media Vigo, S.L. e Daniel A. López Rodríguez, debemos revogar e revogamos parcialmente a dita sentenza, no único punto relativo ao exercicio da opción entre readmitir ou indemnizar, derivada da declaración de despedimento improcedente, que deberá efectuala a empresa sobre a que recaeu a elección da traballadora demandante como consecuencia da declaración de cesión ilegal de man de obra, mantendo o resto de pronunciamentos da sentenza de instancia.

De acordo co disposto nos artigos 203 e 204 da Lei da xurisdición social, debe darse o destino legal aos depósitos e consignacións para recorrer efectuados polos demandados-recorrentes. O Instituto Español de Oceanografía (IEO), conforme o artigo 235.1 da Lei da xurisdición social, debe aboar os honorarios do letrado da demandante-impugnante do recurso por importe de seiscentos euros (600 €).

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste tribunal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que ten que prepararse mediante escrito presentado ante esta Sala do Social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección, aberta en Banesto co nº 1552, e debe indicar no campo concepto: “Recurso”, seguido do código 35 (“social casación”). Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código 35 (“social-casación”). Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que conste e lles sirva de notificación a Grupo Media Vigo, S.L., Gestión Turística, C.B., Lecer Casco Vello, C.B., Miguel Ángel Pérez Méndez e Daniel A. López Rodríguez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de abril de 2013

A secretaria xudicial