Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona da Graña (Xunqueira de Ambía).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona da Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 246/2001, do 20 de setembro (DOG nº 196, do 9 de outubro), o seguinte:

Primeiro. Con data do 2 de abril de 2013, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona da Graña (Xunqueira de Ambía-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración seralle notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Xunqueira de Ambía e na zona. Os documentos que se poden examinar no citado concello refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Para o caso de que se tivesen formulado alegacións ao proxecto, as resolucións destas serán as modificacións reflectidas nas fichas de atribucións do acordo.

Terceiro. No prazo de trinta días, que se contarán desde o día seguinte ao da notificación persoal ou da publicación no Diario Oficial de Galicia para os que non puidesen ser notificados individualmente, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no Rexistro da Xefatura Territorial do Medio Rural e do Mar (rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense); no Rexistro da Consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por si mesmos ou por representación, e farán constar no escrito un enderezo dentro do termo municipal para os efectos das notificacións que procedan.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser obxecto de recurso de alzada de se infrinxiren as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou de non se axustaren ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia, do 14 de agosto de 1985, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro).

Ourense, 11 de abril de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense