Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai público o comezo do deslindamento parcial do monte veciñal en man común dos veciños de Pradeda, concello de Guntín.

Acordada pola Consellería do Medio Rural e do Mar a práctica do deslindamento parcial do monte veciñal en man común de Pradeda, pertencente aos veciños da parroquia de Pradeda, no concello de Guntín, conforme o disposto no Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962, e na Lei de montes 7/2012, do 28 de xuño, esta xefatura acordou sinalar a data do 10 de setembro de 2013, ás 10.00 horas, no lugar denominado Alto de Guntín, para comezar as operacións de apeo que levará a cabo o enxeñeiro de montes Fernando Rengifo Méndez-Núñez.

Fíxase un prazo de 45 días naturais, desde a publicación do anuncio, para que as comunidades e particulares afectados presenten no Servizo de Montes e Industrias Forestais de Lugo, sito na rolda da Muralla, nº 70 (Edificio Multiúsos), os documentos que consideren oportunos en defensa dos seus intereses, advertíndolles que pasado o mencionado prazo non se admitirá ningún outro, e que os que non se tivesen presentado non poderán formular reclamacións sobre propiedade no expediente de deslindamento.

Así mesmo, advírtese que os interesados que non asistan persoalmente ou lexitimamente representados á práctica do apeo non poderán despois formular reclamacións contra el.

Co obxecto de facilitar a devolución dos documentos orixinais, recoméndase a presentación de dúas copias simples co fin de poder devolver aqueles unha vez que teñan producido os efectos debidos no expediente.

Lugo, 12 de abril de 2013

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo