Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 30 de abril de 2013 Páx. 13632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de abril de 2013, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do monte denominado Grobas, solicitados a favor dos veciños da parroquia de Millerada, do concello de Forcarei, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Na reunión que tivo lugar polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra o 1 de abril de 2013 deu conta a secretaria do xurado, no punto 5-1º da orde do día, da sentenza pronunciada pola Sala do Contencioso- Administrativo do TSXG sec. 2 no recurso de apelación 4612/11, interposto contra a sentenza do Xulgado do Contencioso número 1 de Pontevedra recaída no P.O. 270/10 promovido por José Antonio Colmenero Fernández, José Antonio Gago Torrado, Ramón Barcala Rodríguez, Manuel Aurelio Colmenero Guzmán e José María Fonseca Moretón, contra a resolución desestimatoria, por silencio administrativo, dos recursos de reposición formulados polos recorrentes fronte á Resolución do xurado do 16 de marzo de 2009.

Co obxecto de dar cumprimento á decisión da sentenza o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Forcarei.

Parroquia: Millerada.

Nome do monte: Grobas.

Cabida: 200,2 ha (superficie alegada na solicitude).

– Lindes:

Norte: MVMC de Noveliza, da Parroquia de Acibeiro.

Sur: MVMC de Vilariño, da Parroquia de Millerada.

Leste: Concello de Lalín.

Oeste: MVMC de Fixó-Portela e montes particulares de Rolas, da Parroquia de Millerada.

Encravados:

Existe un encravado, situado no SO, cunha superficie de 7,8 ha, formado pola agrupación de 25 persoas físicas, baixo a denominación de comunidade de propietarios do monte Grobas, cuxo representante é Victoria Madriñán Santorum.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para efectos de abrir un período dun mes de duración para que se poida examinar o expediente e aducir durante este tempo o que se estime procedente en relación cos montes de referencia, así como aportar cantas alegacións, documentos ou información estimen convenientes e, se é o caso, propoñer proba na que se concretan os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 3 de abril de 2013

Víctor Abelleira Argibay
Instrutor