Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (396/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 396/2011 por instancia de Patricia Bermúdez Buide e Rocío Blanco Miramoentes contra a empresa Establecimientos Corral, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 21 de marzo de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Patricia Bermúdez Buide e Rocío Blanco Miramontes fronte a Establecimientos Corral, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Establecimientos Corral, S.L. a aboar ás demandantes as seguintes cantidades: a Patricia Bermúdez Buide a cantidade de 6.099,79 euros e a Rocío Blanco Miramontes a cantidade de 6.645,25 euros.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Establecimientos Corral, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 27 de marzo de 2013

O secretario xudicial