Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (6/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 6/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María de los Ángeles Lorenzo Fernández contra Felicita Fernández Pardo, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

O embargo de bens propiedade da executada, Felicita Fernández Pardo, ata cubrir o importe da suma reclamada que ascende a 5.697,15 euros de principal máis 535,55 euros de recarga de demora e 550 euros orzados para xuros e custas.

1. Predio número 87953. Urbana, vivenda piso con anexos, sita na avenida das Américas, número 93, bloque I, escaleira 1, planta 5, porta B. Referencia catastral número 6630004PH1663S0015XY, superficie útil sesenta e oito metros trinta e nove decímetros cadrados. Vivenda letra B situada no nivel 6 ou quinta planta alta de vivendas con anexo de rocho número 41 no faiado. Inscrita no tomo 1312, folio 873, folio 190, alta 3, do Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo.

2. Predio número 87925/G11. Urbana, garaxe sito na avenida das Américas, 93-97, planta soto. Superficie construída tres mil douscentos un metros trinta decímetros cadrados. Praza de garaxe número 11 (3/318 avas partes indivisas do conxunto formado polas plantas en nivel 2 e nivel 1). Inscrita no tomo 1423, folio 984, folio 143, do Rexistro da Propiedade número 1 de Lugo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Felicita Fernández Pardo, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 22 de marzo de 2013

O secretario xudicial