Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (226/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que en virtude do acordado en resolución do día da data, ditada na execución de títulos xudiciais 226/2010 que se segue ante este Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, por instancia de Manuel Liste Suárez, contra herdeiros de Gerardo Vidal Formoso e María Jesús Mato González, en reclamación de 2.438,87 euros de principal, máis outros 249,28 euros fixados prudencialmente para xuros e custas de execución, por medio deste edicto anúnciase a venda en pública poxa, con antelación de vinte días cando menos, do ben embargado á parte executada, que logo se indicará, que terá lugar o día 22 de maio de 2013 ás 11.30 horas, na oficina deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n, Edificio Xulgados, primeiro andar, 15707 Santiago de Compostela, e rexerase polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, agás o executante, para tomaren parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 1589 0000 64 0226/10, aberta en Banesto, ou de que prestaron aval bancario polo 20 % do valor do predio para efectos de poxa, as cantidades devolveranse, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consigne o resto do prezo, así mesmo, deberá consignar nese xustificante se, de ser o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facéndose o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) Que se poderán facer ofertas superiores ao 70 % do valor do predio para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

D) Para o caso de que se fagan ofertas que non superen polo menos o 70 % do valor de taxación ou mesmo sendo inferior cubran, polo menos, a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, non se aprobará o remate salvo que o xulgado acorde outra cousa á vista das circunstancias concorrentes no procedemento.

E) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

F) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do inmoble ou inmobles que se poxan estarán de manifesto na secretaría deste xulgado.

G) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

H) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, polo feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudica ao seu favor.

I) Non se pode facer constar a situación posesoria do inmoble.

J) Este edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Este edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación ás partes para todos os efectos.

Ben obxecto de poxa.

Predio nº 11668, inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira, no folio 41 do libro 514 do concello de Ames, tomo 1360 do arquivo. Rústico: prado e labradío de nove áreas e corenta e seis centiáreas, no sitio de Pontallón, concello de Ames, número 224 do plano de concentración parcelaria da zona de San Pedro de Bugallido, que linda: norte, Andrés Framil Varela –225–; sur, Andrés Barreiro Vilas e outros –221–; leste, con zona excluída; e oeste, camiño construído polo Servizo Nacional de Concentración Parcelaria. Indivisible.

Valoración para poxa: 20.000 euros.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2013

A secretaria xudicial