Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (46/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela (A Coruña), fago saber que en virtude do acordado en resolución do día da data, ditada na execución de títulos xudiciais 46/2011 que se segue ante este Xulgado do Social número 1, por instancia de Ángel Cristóbal Chenlo Lobato, contra Natividad Alonso Acuña, en reclamación de 4.875,42 euros de principal, máis 890,75 euros de xuro de mora, máis outros 487,44 euros fixados prudencialmente para xuros e custas de execución, por medio deste edicto anúnciase a venda en pública poxa, con antelación de vinte días cando menos, do ben embargado á parte executada que logo se indicará, que terá lugar o día 22 de maio de 2013 ás 11.00 horas, na oficina deste xulgado, sito na rúa Berlín s/n, Edificio Xulgados, primeiro andar, desta cidade de Santiago de Compostela 15707, e rexerase polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, agás o executante, para tomaren parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, referencia número 1589 0000 64 0046/11, aberta en Banesto ou de que prestaron aval bancario polo 20 % do valor do predio para efectos de poxa. As cantidades devolveranse, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consigne o resto do prezo. Así mesmo, deberá consignar nese xustificante se, de ser o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro.

B) Que se poderán facer ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, facéndose o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos ao inicio da poxa, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) Que se poderán facer ofertas superiores ao 70 % do valor do predio para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

D) Para o caso de que se fagan ofertas que non superen polo menos o 70 % do valor de taxación ou, mesmo sendo inferior cubran, polo menos, a cantidade pola que se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, non se aprobará o remate salvo que o xulgado acorde outra cousa á vista das circunstancias concorrentes no procedemento.

E) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiro.

F) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do inmoble ou inmobles que se poxan estarán de manifesto na Secretaría deste xulgado.

G) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

H) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, polo feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudica ao seu favor.

I) Non se pode facer constar a situación posesoria do inmoble.

J) Este edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Este edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación ás partes para todos os efectos.

Ben obxecto de poxa.

Predio de Vedra nº 15459, inscrito no Rexistro da Propiedade de Santiago nº 1, no tomo 10447, libro 134, folio 5. Urbano. Vivenda unifamiliar situada na parcela número oitocentos sesenta e dous da zona de concentración parcelaria de San Pedro e San Miguel de Sarandón, no sitio de Besada, lugar de Cimadevila, parroquia de San Miguel de Sarandón, que consta de planta baixa da extensión de corenta metros cadrados. Unido a ela e para o seu servizo un terreo, en que ademais existe un pozo e que en unión do que ocupa a casa, integran un só predio da extensión de dúas áreas e cincuenta centiáreas, que linda: norte, Manuel García Vicente, –oitocentos sesenta e tres–; sur, terreo de dominio público polo que ten acceso á estrada AC-241 de Ponte Ulla a Ponte Sarandón; leste, camiño; e oeste, Manuel García Vicente –oitocentos sesenta e tres–.

Prezo xusto para poxa: 40.310,59 euros.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2013

A secretaria xudicial