Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11896

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (142/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento/cesamentos en xeral 142/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Monserrat López Botana contra a empresa Grialibros, S.L., Grace Nouel Brache, Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Aula Noroeste, S.L., Aula 25 Distribuidora, Aula 25, Abraxas Aula 25, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por María Montserrat López Botana e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento producido con efectos do 10 de xaneiro de 2012 e condeno solidariamente as entidades Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache a que readmitan inmediatamente a demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 56.020,62 euros.

A devandita opción deberá exercerse no termo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Calquera que fose o sentido da opción, condeno así mesmo as demandadas Grialibros, S.L. e Grace Antonia Nouel Brache solidariamente a que satisfagan á demandante os salarios que non percibise e que puidesen corresponderlle desde a data de efectividade do despedimento (10 de xaneiro de 2012) ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración a tal efecto o salario diario de 49,83 euros, que na data da presente sentenza ascenden a 10.415,38 euros.

Condeno o Fogasa e a administración concursal de Grialibros a estar e pasar pola presente resolución.

Desestimo a demanda fronte a Aula Noroeste, S.L. e Abraxas Aula 25, S.L.

Tense a parte demandante por desistida da acción exercida contra Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A., Aula 25 Distribuidora e Aula 25.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación, logo de consignación en depósito da cantidade de 300 euros e no caso das empresas condenadas, do importe obxecto de condena.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Comercial Ara, S.A., Sálvora Areito, S.A. e Aula 25, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013

A secretaria xudicial