Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11888

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1695/2010).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 1695/2010-RF a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos 528/2008 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, promovidos por Julio de la Fuente Pose contra Mapfre Empresas, Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., Pror, S.A., Reformas Caxigueira, S.L., Promociones Alta Galicia, S.L. e Javier Miguel Montes Montes, sobre outros dereitos seguridade social, con data do 15 de marzo de 2013 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos:

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Julio de la Fuente Pose contra a sentenza do 30 de setembro de 2009 do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Pror, S.A., a entidade mercantil Reformas Caxigueira, S.L., a entidade mercantil Promociones Alta Galicia, S.A., a compañía de seguros Mapfre Industrial, S.A., actualmente Mapfre empresa Companía de Seguros y Reaseguros, S.A. e Javier Montes Montes, a sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Reformas Caxigueira, S.L., Promociones Alta Galicia, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Emilia Pardo Bazán nº 26-A Santa Cruz, Oleiros (A Coruña) e avenida Conde de Fenosa, nº 1, baixo, Narón, respectivamente, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

A secretaria xudicial