Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Xoves, 18 de abril de 2013 Páx. 11887

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 20 de marzo de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se dá publicidade á resolución número CM-01/2013, do 20 de marzo de 2013 pola que se convocan, para a súa provisión polo sistema de concurso de méritos, diversos postos de supervisor/a de unidade (Maternidade, Radioloxía, UCI, Cirurxía Xeral, Obstetricia e Control de Infección e Esterilización).

A citada resolución estará exposta na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e na páxina web do Servizo Galego de Saúde.

A solicitude poderá presentarse no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao desta publicación.

Ferrol, 20 de marzo de 2013

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol