Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (521/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre despedimento obxectivo individual 521/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Carbajales Grobas contra a empresa Oyalia, S.L., Óscar Malde Pardo de Andrade, Amaya Malde Tellería, Natalia Malde Tellería, o Fondo de Garantía Salarial e Manuel Malde López, C.B., sobre despedimento, ditouse auto o 20.3.2013, cuxa parte dispositiva di literalmente:

Dispoño:

1. Estimar a solicitude de Amaya Malde Tellería e Natalia Malde Tellería de aclarar o auto ditado neste procedemento o 8.3.2013, no sentido de que o ditame debe quedar redactado do seguinte xeito:

Que, desestimando parcialmente a demanda interposta en materia de despedimento, debo declarar e declaro procedente o despedimento realizado por razóns obxectivas e declaro o dereito do traballador a percibir a cantidade de 32.740,08 euros en concepto de indemnización, e condeno solidariamente as demandadas Oyalia, S.L. e Manuel Malde, C.B. ao pagamento desta cantidade. Así mesmo, absolvo a administración concursal, o Fondo de Garantía Salarial, a Amaya Malde Tellería e a Natalia Malde Tellería, sen prexuízo de estar e pasar por esta declaración e das súas responsabilidades correlativas conforme a Lei concursal e o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que contra este auto non cabe interpoñer recurso, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma aos demandados Oyalia, S.L., Manuel Malde López, C.B. e Óscar Malde Pardo de Andrade, en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

A secretaria xudicial