Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1204/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral número 1204/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Esther Rostro Pasandín contra a empresa Bonden, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Decisión.

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Esther Rostro Pasandín fronte á empresa Bonden, S.L. e, tendo por feita a opción pola indemnización, declaro extinguida a relación laboral nesta sentenza, condenando o empresario ao aboamento da indemnización por despedimento por importe de 25.293,94 euros.

2. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertindo de que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846), a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1204 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1204 12, a cantidade obxecto da condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bonden, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de marzo de 2013

O secretario xudicial