Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Martes, 16 de abril de 2013 Páx. 11625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de xogo PO-10/12.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo que se achega a proposta de resolución recaída no expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle ao director xeral de Emerxencias e Interior de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o disposto nos artigos 12.3 e 134.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, cando a sanción consista nunha multa de ata 6.000 euros.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles, desde a publicación para exercer perante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias.

A tramitación do expediente realízase na oficina deste departamento territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 9º, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións, ditarase resolución cos efectos previstos no artigo 20 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 13 de marzo de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: PO-10/12.

Denunciada: Recreativos Estrella, S.L.

CIF: B32020075.

Establecemento: bar Tante, sito na r/ Vía, nº 7, Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 62 do Decreto 39/2008, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sanción proposta: 3.000,01 €.