Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10963

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO (667/2009-L).

Carlota Fernández Ambros, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, por medio do presente edicto, anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 667/2009-L seguido por instancia de Florentino Rodríguez Gromar e María Esther López Corral fronte a Mundo Mágico Tours, S.A. e BBVA ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza: 227/2011.

Procedemento: xuízo ordinario 667/2009.

Sentenza.

A Coruña, 30 de novembro de 2011.

Vistos por Mª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, os autos de xuízo ordinario número 667/2009, seguidos en virtude de demanda presentada polo procurador dos tribunais Sr. Amenedo Martínez en nome e representación de María Esther López Corral e Florentino Rodríguez Gromar, asistidos polo letrado David Morera Vera, contra a entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Pando Caracena e asistida polo letrado Pedro Sánchez Rodilla, e contra a entidade mercantil Mundo Mágico Tours, S.A., en situación procesual de rebeldía, vistos os seguintes,

Resolvo:

Debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada polo procurador dos tribunais Sr. Amenedo Martínez, en nome e representación de Esther López Corral e Florentino Rodríguez Gromar, contra a entidade Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Sra. Pando Caracena, e contra a entidade mercantil Mundo Mágico Tours, S.A., en situación procesual de rebeldía, e debo declarar a nulidade do contrato de afiliación ao programa de servizos turísticos subscrito polos demandantes coa mercantil Mundo Mágico Tours, S.A., con data do 22 de marzo de 2002, e a nulidade do contrato de préstamo persoal nº 0182.1648.062.0000184, subscrito por aqueles coa entidade BBVA, con data do 27 de marzo de 2002, condenando a Mundo Mágico Tours, S.A. e a BBVA, solidariamente, ao aboamento aos demandantes da cantidade de 8.534,52 euros.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de apelación perante este tribunal dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e que deberán expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna (artigo 458.1 e 2 LAC, en redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 outubro, de medidas de axilización procesual). Así mesmo, deberá acreditar que consignou o depósito de 50 euros na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do Xulgado, conforme establece a disposición adicional décimo quinta da LO 1/2009, do 3 de novembro, pola que se modifica a LO 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Así o acorda, manda e asina, Mª Estefanía Cambón Rodríguez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña.

E encontrándose a entidade demandada Mundo Mágico Tours, S.A. en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma á entidade.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012

A secretaria xudicial