Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (94/2012).

Neste procedemento JVB 94/2012, seguido por instancia de Loiramar, S.L. contra Francisco Villanueva Piñeiro, ditouse sentenza con data do 16 de xaneiro de 2013, coa seguinte parte dispositiva:

Resolvo que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Loiramar, S.L. contra Francisco Villanueva Piñeiro, condeno o demandado a lle aboar á demandante a suma de 4.000 euros máis o xuro legal do diñeiro computado desde o 27 de abril de 2012.

Con expresa imposición das custas deste procedemento á parte demandada.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá preparar neste xulgado no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación, logo de acreditar o depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíquese ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

E ao estar o demandado, Francisco Villanueva Piñeiro, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2013

O/A secretario/a xudicial