Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10965

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (991/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por Resolución ditada o día 15.3.2013 no proceso seguido por instancia de Abelardo Fernández Lijo contra a empresa Castor Hanglands International Limited e o Fogasa, en reclamación por salarios, se rexistrou co número 991/2010 e se acordou notificar á empresa Castor Hanglands International Limited o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda formulada por Ab«elardo Fernández Lijo, que comparece asistido polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Castor Hanglands International Limited, que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao actor a suma de 2.373,98 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Castor Hanglands International Limited, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de marzo de 2013

A secretaria xudicial