Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10966

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (117/2010).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que en virtude do acordado na execución de títulos xudiciais 117/2010, por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Mutua Patronal de Accidentes de Trabajo contra Luis Pontón Rigueiro, por un principal de 3.076,29 euros, máis 1.260 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, por medio deste edicto anúnciase a venda en pública poxa, por termo de vinte días, dos seguintes predios:

1. Predio catastral 2705A036002240000JM da provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 224, Alboiro-Sarria (Lugo), superficie 7.045 m2. Valorado en 10.567,50 euros.

2. Predio catastral número 27057A036002330000JI, provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 233, Condes-Sarria, Lugo, superficie do solo 17.297 m2. Valorado en 30.269,75 euros.

3. Predio catastral número 27057A0360002450000JB, provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 245 Canda-Sarria, Lugo, superficie 5.027 m2. Valorado en 8.797,25 euros.

4. Predio catastral número 27057A036004160000JO, provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 416, A Chanca-Sarria, Lugo, superficie 4.404 m2. Valorado en 6.606,00 euros.

5. Predio catastral número 27057A036004190000JD, provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 419, A Chanca-Sarria, Lugo, superficie 7.928 m2. Valorado en 11.099,20 euros.

6. Predio catastral número 27057A036004260000JE, provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 426, A Chanca de Fóra, Sarria, superficie 18.586 m2. Valorado en 22.302,00 euros.

7. Predio catastral número 27057A036004400000JY, provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 440, Pequeno Cadaval, Sarria, superficie 15.984 m2. Valorado en 19.180,80 euros.

8. Predio catastral número 27057A036005010000JB, provincia de Lugo, concello de Sarria, situado no polígono 36, parcela 501, Bouzallos, Sarria, superficie 13.9972 m2. Valorado en 18.163,60 euros.

A poxa terá lugar o día 30.4.2013 ás 10.00 horas na sala de audiencias da oficina xudicial, sita na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo.

A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se poxan estarán de manifesto na oficina xudicial, sede do órgano de execución e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existen títulos, e as cargas e gravames, se os houber, ao crédito do demandante, continuarán subsistindo e, polo único feito de participar na poxa, o licitador admíteos e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada deles se o remate se adxudica ao seu favor.

Para tomar parte na poxa os ofertantes deberán depositar, previamente na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta na entidade Banesto, oficina principal de Lugo, co número de conta 2322 0000 64 0117 10, o 30 % do valor do predio para os efectos de poxa. Unha vez aprobado o remate, devolveránselles as cantidades a aqueles que participen nela, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do órgano xudicial, para o caso en que o rematante non consigne o resto do prezo, e deberase consignar así mesmo nese xustificante se, de ser o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou parte a un terceiro, identificándoo adecuadamente.

Poderanse realizar ofertas por escrito desde o anuncio da poxa ata a súa realización.

E en cumprimento do acordado, expido este edicto.

Lugo, 19 de febreiro de 2013

O secretario xudicial