Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2012/483-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguiente ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Traballo e Economía Social, e advírteselles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23.11.2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente nº: RL 2012/483-1.

Acta inf. nº: I152012000130511.

Empresa: Galicia Saudade, S.L.

NIF: B36445641.

Enderezo: avenida Rosalía de Castro, 5, 1º D, 36860 Ponteareas.

Materia: traballo (falta de regularización trimestral das horas realizadas e incumprimento do descanso semanal).

Normativa infrinxida: artigo 37 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, artigos 37 e 38 do convenio colectivo para a actividade de axuda a domicilio de Galicia.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 2 e 40.1.b) do dito texto legal (dúas faltas graves en grao mínimo por importe de 626 euros cada unha delas).

Data da resolución: 19.3.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Galicia Saudade, S.L. unha sanción por importe de mil douscentos cincuenta e dous euros (1.252 €).

A Coruña, 20 de marzo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña