Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 14 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se publica unha resolución devolta polo servizo de Correos.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao ser devolta polo servizo de Correos a notificación enviada no seu día, coa resolución ditada no procedemento instado pola interesada, publícase mediante este edicto de conformidade co disposto no artigo 61 da mencionada lei o contido da resolución, contra a que poderá interpoñerse demanda perante o xulgado do social, dentro dos 30 días seguintes á data desta publicación, conforme o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE do 11 de outubro).

Vigo, 14 de marzo de 2013

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nome e apelidos: Miguel Ángel Lusquiños Martínez.

DNI: 35286871-H.

Número de expediente: 36/0000605-I/10.

Notificación: resolución de desestimación da reclamación previa.