Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 4 de marzo de 2013, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte Poulos, Campo da Lama e Fontaos a favor dos veciños da parroquia de Lodoselo, no concello de Sarreaus.

Advertido erro no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 56, do mércores 20 de marzo de 2013, cómpre publicar a seguinte corrección:

No punto cuarto, onde di: «… Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Lodoselo (Santa María)»; debe dicir: «… Comunidade veciñal solicitante: veciños da vila de Lodoselo».