Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 15 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2013/29-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: RL 2013/29-1.

Acta inf. nº: I152012000174361.

Empresa: Aluminios y Aceros Parada, S.L.

NIF: B15767288.

Enderezo: polígono A Grela, A Ermida, 3, 15008 A Coruña.

Materia: traballo.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f) e 26 e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; e artigo 46 do convenio colectivo de industrias siderometalúrxicas da Coruña 2010-2012.

Tipificación: artigos 5.1 e 8.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.2 e 40.1 do dito texto legal (falta moi grave en grao mínimo).

Proposta de sanción: 6.251 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

A Coruña, 15 de marzo de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña