Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Xoves, 11 de abril de 2013 Páx. 10983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 21 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 1400/2012, do 19 de decembro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto no artigo 72 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 19 de decembro de 2012, ditou sentenza co número 1400/2012, con ocasión do procedemento ordinario número 370/2012, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimar a cuestión de ilegalidade presentada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra sobre a cuestión de ilegalidade prevista no artigo 27.1 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa respecto do anexo II da orde ditada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia do 21 de decembro de 2010 (DOG do 29 de decembro) e pola que se regula a convocatoria para o ano 2011 da xubilación anticipada voluntaria conforme a disposición transitoria segunda da Lei orgánica 2/2006, do 3 de xuño, de educación.

Declárase a nulidade de pleno dereito da citada disposición regulamentaria cos efectos previstos no artigo 73 LXCA».

A dita sentenza é firme.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2013

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos