Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10302

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (474/2012).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento JVB 474/2012 seguido por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Cristina Vidal Rodríguez ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Xulgado Primeira Instancia número 3 de Pontevedra.

Sentenza 155/2012.

Pontevedra a 18 de decembro de 2012.

Vista por min, María Luisa Maquieira Prieto, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, a presente demanda de xuízo verbal rexistrada co número 474/2012, interposta pola letrada habilitada do avogado do Estado, Sra. Gómez Andrés, en nome e representación do Consorcio de Compensación de Seguros, fronte a Cristina Vidal Rodríguez, declarada en rebeldía procesual, sobre reclamación de cantidade, declárase:

Decido que, estimando a demanda interposta pola letrada habilitada do avogado do Estado, en nome e representación do Consorcio de Compensación de Seguros, fronte a Cristina Vidal Rodríguez, declarada en rebeldía procesual, e na súa virtude, debo condenar e condeno a demandada a aboar á parte demandante a cantidade reclamada por importe de mil novecentos setenta euros con setenta e tres céntimos (1.970,73 euros), cos xuros legais preceptivos desde a interpelación xudicial, todo iso con imposición das custas do proceso á demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso de apelación, atendida a contía do presente procedemento, inferior a 3.000 euros, de conformidade co disposto no artigo 455, ordinal 1º, da LAC, na súa redacción dada pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual.

E encontrándose a devandita demandada, Cristina Vidal Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 19 de decembro de 2012

A secretaria xudicial