Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10304

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (881/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 881/2012 por instancia de José Manuel Vázquez Gende contra Talleres Rendal e o Fogasa, sobre despedimento, nos cales o día 4 de marzo de 2013 se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Manuel Vázquez Gende contra a empresa Talleres Rendal, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 13 de xullo de 2012, con efectos desde o 31 de xullo de 2012, e condeno a que a entidade Talleres Rendal, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden 53 euros diarios ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 66.789,66 euros.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Vázquez Gende contra a entidade Talleres Rendal, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Talleres Rendal, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 2.951,75 euros brutos, polos salarios percibidos en xullo de 2012, a compensación económica polas vacacións non gozadas ese mesmo ano e os atrasos derivados da actualización salarial de convenio, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, co número 47570000, código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade, no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Talleres Rendal, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente.

A Coruña, 14 de marzo de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial