Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 8 de abril de 2013 Páx. 10300

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4184/2010 MCR).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4184/2010 MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 138/2010 Xulgado do Social número 2 de Ourense.

Recorrente: José Antonio Valle Atanes.

Avogada: Alba Arrizado Mosqueira.

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Puertas Tejada, S.L., María José Rodríguez Calabria, Carlos Díaz Pérez.

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4184/2010 MCR desta sección, seguido por instancia de José Antonio Valle Atanes contra a empresa Servizo Público de Emprego Estatal, Puertas Tejada, S.L., María José Rodríguez Calabria, Carlos Díaz Pérez, sobre desemprego, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante contra a sentenza de data 29.4.2010, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en autos 138/2010, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto, co número 1552, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impuganda utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de marzo de 2013

A secretaria xudicial