Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9947

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (694/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 694/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Graciela Benítez Devacca contra a empresa Restaurante Cafetería Rías Baixas, S.C., Alberto Lorenzo Núñez e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto, e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora nas mesmas condicións e co aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva de despedimento (3 de xullo de 2012) ata a notificación desta sentenza a razón de 66,67 euros diarios, ou ao aboamento dunha indemnización por despedimento improcedente de 3.200,16 euros. Condeno, así mesmo, a Alberto Lorenzo Núñez e o Fogasa a avirse a tal declaración, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Restaurante Cafetería Rías Baixas e ao seu administrador Alberto Lorenzo Núñez, en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2013

A secretaria xudicial