Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9946

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (669/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 669/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Roca Yáñez contra a empresa Mourenza Automoción, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando a demanda interposta por José Antonio Roca Yáñez contra a empresa Mourenza Automoción, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ao demandante a cantidade de 9.455,85 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o 10 % do xuro por mora. Condeno, así mesmo, a administradora concursal, Marta Pérez Vázquez e o Fogasa a se ater a esta declaración, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao desta notificación, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acordo, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Mourenza Automoción, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013

A secretaria xudicial