Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9944

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2327/2010).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 2327/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Carlos Torres Baamonde contra a empresa Ofimática Vigo, S.L., sobre xubilación, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Carlos Torres Baamonde e estimando en parte o recurso da letrada da Administración da Seguridade Social, en nome e representación do INSS, contra a sentenza de data 22 de febreiro do ano 2010, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Pontevedra, en proceso sobre pensión de xubilación, promovido polo demandante-recorrido fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, debemos revogar e revogamos a sentenza impugnada declarando o dereito da parte demandante a percibir a súa pensión de xubilación sobre a base reguladora que resulte de integrar nas bases de cotización as cantidades recoñecidas no feito probado segundo da sentenza de instancia coa aplicación en todo caso dos topes máximos das bases de cotización que para o réxime xeral establecen as correspondentes ordes ministeriais dos anos 1993 a 1996, ambos os dous inclusive, a cal se calculará en execución de sentenza declarándose expresamente a responsabilidade da empresa demandada no aboamento da diferenza entre a prestación correspondente conforme as cotizacións realizadas e a establecida nesta sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ofimática Vigo, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de marzo de 2013

A secretaria xudicial