Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9943

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2749/2010).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2749/2010 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Borja Gómez Malvar 000907352B, S.L.N.E., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Wellness Gómez, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou a seguinte resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Sentenza do 22 de marzo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, en autos seguidos por instancia do recorrente contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Borja Gómez Malvar 000907352B, S.L.N.E., Wellness Gómez, S.L., a Sala confírmaa integramente.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Borja Gómez Malvar 000907352B, S.L.N.E., Wellness Gómez, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de marzo de 2013