Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 4 de abril de 2013 Páx. 9948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación de varios acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación ditados nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos cuxo número se cita no anexo.

Desígnase instrutora do expediente a María Engracia Gómez Dacal e secretario a José Luis Abelleira Fernández, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar os expedientes no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos. Poderá recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13.d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, e determinarase para estos efectos o importe da sanción.

Será competente para a resolución do expediente o xefe territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro) e nos decretos 83/2009, do 21 de abril, e 245/2009, do 30 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das xefaturas da Xunta de Galicia (DOG núm. 155, do 12 de agosto), e no Decreto 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Lugo, 20 de marzo de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº de expte.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Posible sanción

Teatro, C.B.

E27292382

LU-E 207/12

26.e) da LO 1/1992

R/ Castelao, nº 2, Lugo

Ata 300 €

Yamid Sebaetian Aenao Hortiz

X4341883N

LU-E 209/12

26.e) da LO 1/1992

R/ Castelao, nº 64, 4º esq., Lugo

Ata 300 €

Café-Bar A Coba Meiga

76410222-J

LU-E 210/12

26.e) da LO 1/1992

R/ Almirante Chicarro, Viveiro

Ata 300 €

Yanela Marte Pereira

X4178286Z

LU-E 211/12

26.e) da LO 1/1992

R/ Calvo Sotelo, nº 140, 2º, Monforte

Ata 90 €

Café-Bar A Coba Meiga

76410222J

LU-E 213/12

26.e) da LO 1/1992

R/ Almirante Chicarro Viveiro

Ata 300 €

Teatro, C.B.

E27292382

LU-E 200/12

26.e) LO 1/1992

R/ Castelao, nº 2, Lugo

Ata 300 €

João Carlos Pereira da Silva

X7391557R

LU-E 206/12

23.o) en relación co 26.e) LO 1/1992

R/ Diego Pazos, nº 102, 3º A, Sarria

Ata 301 €