Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9261

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (869/2011).

María del Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, mediante este anuncio:

No presente procedemento JVB 869/2011 seguido por instancia de Carburantes Plaza, S.L. fronte a Santiago Torres Bautís, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 44/2012.

En Santiago de Compostela, 12 de abril de 2012.

Vistos por Jesús Gómez Sánchez, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal nº 869/2011, sobre reclamación de cantidade, seguidos ante este xulgado por instancia de Carburantes Plaza, S.L., representada pola procuradora María Rita Goimil Martínez e baixo a dirección letrada de Miguel Sánchez Campos, contra Santiago Torres Bautís, en situación de rebeldía procesual, dítase a presente sentenza en virtude dos seguintes:

Ditame:

Estímase integramente a demanda interposta por Carburantes Plaza, S.L. representada pola procuradora María Rita Goimil Martínez, contra Santiago Torres Bautís, en situación de rebeldía procesual, e condénase o demandado a aboar á demandante a cantidade de novecentos cincuenta e tres euros con vinte e seis céntimos (953,26 €), máis os xuros legais desde a data da presentación da demanda. Condénase nas custas do xuízo o demandado.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que fronte a ela non cabe interpoñer recurso a teor do indicado no punto primeiro do artigo 455 da Lei de axuizamento civil, que establece que as sentenzas ditadas en toda clase de xuízo serán apelables, con excepción das sentenzas ditadas nos xuízos verbais por razón da contía cando esta non supere os tres mil euros.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentenza foi publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, ante min a secretaria xudicial, do que dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Santiago Torres Bautís, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2012

A secretaria xudicial