Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9259

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña

EDICTO (788/2009).

Procedemento: divorcio contencioso 788/2009-E.

Carmen García Pedreira, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña.

Certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 788/2009 por instancia de Adolfo Pereiro Sánchez, sobre divorcio contencioso, se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza. A Coruña, 27 de novembro de 2009.

Vistos por Miguel Ángel García Lastres, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 788/2009 por instancia de Adolfo Pereiro Sánchez, representado pola procuradora Sra. Rodríguez González e defendido polo letrado Sr. Fachado Parada, sendo parte demandada Elena Blanco Fernández, en situación procesual de rebeldía.

Ditame. Que estimando a demanda interposta pola procuradora Mª del Mar Rodríguez González, en nome e representación de Adolfo Pereiro Sánchez, contra Elena Blanco Fernández, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio constituído por Adolfo Pereiro Sánchez e Elena Blanco Fernández, cos efectos inherentes a este pronunciamento, ratificando as medidas acordadas polos cónxuxes no convenio regulador da súa separación, e todo iso sen efectuar expreso pronunciamento acerca das custas procesuais.

Contra a presente sentenza cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco (5) días contados desde o día seguinte á notificación daquela (artigo 457 da LAC), que se preparará ante este mesmo xulgado, tendo en conta que, de conformidade co que determina o artigo 774.5º da LAC, os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentenza non suspenderán a eficacia das medidas que se acordaron nela; se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio.

Firme que sexa a presente resolución, comuníqueselle ao rexistro civil correspondente, para os efectos de practicar as anotacións pertinentes.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para a súa inserción no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Elena Blanco Fernández, en situación de rebeldía procesual e ignorado paradoiro, expido o presente edicto que asino.

A Coruña, 11 de febreiro de 2010

Carmen García Pedreira
Secretaria xudicial