Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9263

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (28/2013).

Flora Lomo del Olmo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 7 dos de Vigo, fago saber que neste xulgado e co número 28/2013 se segue por instancia de María Caride Fuente expediente para a declaración de falecemento de Ricardo Caride Albizu, do que non se teñen noticias desde hai aproximadamente corenta anos, e se ignora o seu paradoiro. O que se fai público para que os que teñan noticias da devandita persoa poidan poñelas en coñecemento no xulgado.

Vigo, 11 de febreiro de 2013

A maxistrada O/a secretario/a