Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9264

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (266/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 266/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pérez González, sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta.

Sentenza 129/2013.

Na cidade da Coruña, 22 de febreiro de 2013.

Vistos por Luis Carlos Mariana Niño, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 desta cidade, os presentes autos nº 266/2010 promovidos en reclamación de cantidade por José Pérez González, asistido polo letrado Federico Novo Pinilla, fronte á empresa Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L., Santiago Roberto Sánchez Marín e Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez.

Decido que, estimando a demanda interposta por José Pérez González fronte á empresa Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L., Santiago Roberto Sánchez Marín e Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez, nos presentes autos debo condenar e condeno de forma solidaria os devanditos demandados ao aboamento da cantidade de 1.794,60 euros en concepto de mellora voluntaria de prestacións de incapacidade temporal.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ordinario ningún a teor do artigo 191 da LRXL.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo xuíz substituto que a subscribe, celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L. e Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez, en paradoiro descoñecido, expido a presente para que sirva de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de marzo de 2013

O secretario xudicial