Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9265

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1119/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento 1119/2012, seguido neste xulgado, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza

A Coruña, 25 de febreiro de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1119/2012, en que foi demandante Daniel Enrique Cambeiro Caamaño, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandada a empresa María Teresa Mata Novoa. Da mesma maneira foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Daniel Enrique Cambeiro Caamaño contra a empresa María Teresa Mata Novoa e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que proceda á extinción da relación laboral, con aboamento a Daniel Enrique Cambeiro Caamaño da cantidade de 851 euros, en concepto de indemnización, así como a suma de 3.242,13 euros, en concepto de salarios e demais conceptos retributivos debidos.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto da condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro de rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación a María Teresa Mata Novoa, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 6 de marzo de 2013

A secretaria xudicial