Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9223

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, que no seu número 5 regula a provisión de postos reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal e dispón que as comunidades autónomas, no seu ámbito territorial, regularán as bases comúns do concurso ordinario, así como a porcentaxe de puntuación que corresponda a cada un dos méritos enumerados no dito precepto, e de acordo co establecido no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, e na Orde do 10 de agosto de 1994 pola que se ditan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE nº 192, do 12 de agosto), e demais normativa concordante, esta dirección xeral

DISPÓN:

Dar publicidade á convocatoria do concurso ordinario de Galicia de traslados para a provisión dos postos de traballo reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal vacantes nas entidades locais, de conformidade coas bases comúns polas que se debe rexer o concurso, que se publican no anexo I, e a relación de bases, méritos autonómicos, méritos específicos e comisións avaliadoras aprobados por cada unha das corporacións locais que se mencionan no anexo II.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 22 de setembro de 2011; DOG número 194, do 10 de outubro)
José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO I
Bases comúns

Primeira. Postos

Ofrécese neste concurso os postos vacantes reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal naquelas corporacións que aprobaron as bases específicas.

Segunda. Participación

1. Os funcionarios con habilitación de carácter estatal, así como os funcionarios non integrados nas actuais subescalas, pertencentes aos extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios da Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, poderán concursar aos postos que se ofrecen, nos termos seguintes:

– Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior.

– Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada.

– Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría-intervención.

– Os secretarios de concellos a extinguir, ás secretarías de concellos con poboación que non exceda os 2.000 habitantes.

– Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención e

– Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesouraría, pero unicamente a postos de tesouraría.

2. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentenza ou resolución administrativa firmes, se non transcorrese o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos nos termos que estableza a normativa e durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo por concurso en postos reservados, agás que sexa a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos de remoción ou supresión de postos.

d) Os demais supostos previstos na normativa autonómica.

Terceira. Documentación e prazo para participar

1. No prazo de quince días naturais a partir da publicación deste concurso no DOG, os funcionarios con habilitación de carácter estatal que desexen tomar parte nel dirixirán á corporación local do posto a que concursan a seguinte documentación:

– Solicitude de participación comprensiva de declaración xurada de non estar incurso nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 28.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

– Documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica de acordo co que establece a base quinta desta resolución, así como os específicos de cada posto nos termos que se indican no anexo II.

2. Os concursantes a dous ou máis postos presentarán solicitude e documentación acreditativa dos méritos de determinación autonómica en todas as corporacións en que soliciten postos. Así mesmo, os concursantes a dous ou máis postos presentarán en idéntico prazo de quince días naturais orde de prelación de adxudicacións ante a Dirección Xeral de Administración Local. A orde de prelación será única e comprensiva da totalidade de postos solicitados, así mesmo, se se concursa a unha ou varias subescalas e categorías. A formulación da orde de prelación, cuxo único obxecto é evitar a adxudicación simultánea de varios postos a un mesmo concursante, non substituirá a solicitude de participación dirixida a cada corporación local. De non ser comunicado, suporá a exclusión do/da concursante no proceso.

3. A solicitude de participación e a folla de prelación de adxudicacións presentaranse conforme os modelos que se achegan nos anexos III e IV.

4. Os requisitos exixidos, así como os méritos, deberán reunirse na data correspondente á resolución da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

Cuarta. Coñecemento da lingua galega

De conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 103/2008, do 8 de maio, nas bases do concurso ordinario exixirase como requisito o coñecemento do idioma galego, que se acreditará mediante a presentación coa solicitude de participación no concurso da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

A comisión de valoración do concurso realizará unha proba de carácter eliminatorio aos/ás aspirantes que non acrediten a posesión do Celga 4 ou equivalente.

Esta proba, que se valorará co resultado de apto ou non apto, está destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao exixido para a obtención do Celga 4 ou equivalente.

Para a realización desta proba, a comisión de valoración incorporará asesores/as especialistas en lingua galega designados polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

Quinta. Méritos de determinación autonómica

Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 49/2009, do 26 de febreiro).

1. Méritos.

Os méritos relacionados co coñecemento das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia serán incluídos polas corporacións locais na respectiva convocatoria.

Para tales efectos, o baremo de méritos autonómicos está constituído polos seguintes:

– Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa autonómica de Galicia.

– Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

– Actividade docente: dirixida ao ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, servizos públicos, urbanismo, persoal e réxime económico-financeiro das entidades locais en cursos organizados pola Escola Galega de Administración Pública ou en colaboración con esta.

– Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e do dereito propio de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior é a seguinte:

– Experiencia profesional: ata un máximo de 0,90 puntos.

– Cursos de formación e perfeccionamento: ata un máximo de 1,50 puntos.

– Actividade docente: ata un máximo de 0,30 puntos.

– Publicacións: ata un máximo de 0,30 puntos.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servizos prestados valoraranse do seguinte xeito:

– Servizos prestados como funcionarios de carreira con habilitación de carácter estatal en postos reservados nas entidades locais de Galicia:

a.1) Da mesma subescala e categoría á cal se concursa: 0,03 puntos/mes.

a.2) De distinta subescala e categoría á cal se concursa: 0,02 puntos/mes.

– Servizos prestados no territorio da Comunidade Autónoma galega como funcionarios de carreira en postos non reservados a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal:

a.1) Do subgrupo A1: 0,01 puntos/mes.

a.2) Do subgrupo A2: 0,005 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola Escola Galega de Administración Pública, universidades e organismos públicos dedicados á formación e perfeccionamento do persoal ao servizo das administracións públicas, que previamente fosen homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública para os efectos deste artigo.

Só se valorarán aqueles cursos que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia, exceptuándose os que forman parte dos procesos selectivos correspondentes.

A puntuación de cada curso dentro da escala de 0,10 a 1,5 será establecida pola Escola Galega de Administración Pública en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas aos funcionarios con habilitación de carácter estatal, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola Escola Galega de Administración Pública indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos en que a materia impartida teña relación coas funcións reservadas aos funcionarios con habilitación de carácter estatal, da forma seguinte:

– Cursos con certificado de asistencia de duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,10 puntos por curso.

– Cursos con certificado de asistencia de duración superior a 40 horas: 0,20 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento con duración comprendida entre 20 e 40 horas: 0,30 puntos por curso.

– Cursos con certificado de aproveitamento de duración superior a 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Máximo: 1,5 puntos.

Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluíndose os congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes.

Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e do dereito propio de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos pola comisión avaliadora.

A comisión avaliadora do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro.

Sexta. Méritos específicos

Os méritos específicos para cada posto de traballo son os que se detallan no anexo II.

Sétima. Admisión de instancias

Transcorrido o prazo de presentación de instancias, e por proposta da comisión, será aprobada polo presidente da corporación a lista provisional de persoas admitidas e excluídas nos 10 días naturais seguintes. O texto da dita resolución publicarase no BOP e no taboleiro de anuncios da corporación; neste último figurará, ademais, a lista comprensiva de todas elas, concedéndolle a quen resulte excluído o prazo de 15 días naturais para emendar os defectos advertidos ou formular as reclamacións a que houber lugar.

Finalizado o prazo de reclamacións e a emenda de defectos, a titular da presidencia da corporación aprobará a lista definitiva resolvendo sobre aquelas conforme a motivación da comisión avaliadora. O acordo aprobatorio farase público na mesma forma indicada para a lista provisional.

Oitava. Valoración de méritos

1. De acordo coas previsións da convocatoria, a comisión avaliadora comprobará e valorará os méritos específicos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas no Decreto 4949/2009, do 26 de febreiro. Así mesmo, comprobará o coñecemento da lingua galega nos termos previstos no Decreto 103/2008, do 8 de xuño.

Non se valorarán aqueles méritos que non se consideren suficientemente acreditados coa documentación presentada.

2. Para a valoración dos méritos autonómicos no concurso ordinario, as comisións avaliadoras poderán solicitar á consellería competente en materia de réxime local informe respecto da puntuación das solicitudes presentadas.

3. Coa puntuación que se deduza das valoracións, sumada aos méritos xerais e autonómicos, a comisión elevará proposta á corporación comprensiva dos/as candidatos coa orde da valoración final de méritos.

4. A comisión de valoración comprobará a concorrencia nos concursantes dos requisitos que figuren na convocatoria, excluíndo aqueles que non os reúnan. A continuación puntuará, respecto dos non excluídos, os méritos do seguinte modo:

– Méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, segundo a relación individualizada de méritos xerais dos habilitados estatais aprobada pola Dirección Xeral de Cooperación Local, sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte da comisión de valoración.

– Méritos específicos, ata un total de 7,50 puntos, e méritos de determinación autonómica, ata un total de 3 puntos, con base na documentación acreditativa achegada polos concursantes.

Respecto dos postos que non teñan méritos específicos, a comisión de valoración asignará unicamente a puntuación de méritos autonómicos, se existiren.

5. Tamén poderán sinalar unha puntuación mínima no caso indicado no artigo 21.2 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, e a previsión dunha exposición oral para os efectos de concreción dos méritos.

6. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, a comisión avaliadora dará prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivese maior puntuación en méritos específicos. De manterse o empate, a favor de quen en méritos de determinación autonómica teña máis alta puntuación. De persistir este, resolverase conforme a orde de prelación de méritos xerais, seguindo a orde de enumeración deles determinada na normativa estatal. En última instancia, o empate resolverase con base na orde de prelación no proceso selectivo.

Novena. Proposta de resolución

Efectuadas pola comisión de valoración a exclusión e puntuación final de concursantes, elevará ao presidente da corporación proposta de resolución comprensiva de todos os non excluídos e as súas puntuacións ordenadas de maior a menor. Así mesmo, elevará relación fundada de excluídos.

Décima. Resolución

1. O presidente da corporación resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada pola comisión de valoración.

2. A devandita resolución será motivada con referencia ao cumprimento das normas regulamentarias e das bases de convocatoria. En todo caso, deberán quedar acreditadas, como fundamentos da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido e a valoración final dos méritos dos candidatos, e comprender, por orde de puntuación, a totalidade dos concursantes non excluídos.

3. A resolución do concurso será remitida á Dirección Xeral de Administración Local dentro do prazo de 90 días naturais seguintes ao da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Décimo primeira. Coordinación de nomeamentos

1. A Dirección Xeral de Administración Local, transcorrido o prazo a que se refire a base anterior, procederá a efectuar a coordinación de resolucións coincidentes a favor dun mesmo concursante, con adxudicación final de postos, atendendo á orde formulada polos interesados na folla de prelación e á puntuación obtida en cada un dos postos afectados.

Décimo segunda. Formalización de nomeamentos

De acordo co resultado da coordinación nos casos de adxudicacións múltiples e das resolucións das corporacións nos restantes, a Dirección Xeral de Administración Local procederá a formalizar no prazo dun mes os nomeamentos procedentes, con publicación no DOG, dando traslado da resolución ao Ministerio de Política Territorial para a súa publicación no BOE e a súa inclusión no Rexistro de Funcionarios con Habilitación de Carácter Estatal.

Décimo terceira. Prazo para a toma de posesión

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade, ou dun mes se se trata de primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

2. Este prazo empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución de nomeamentos no DOG.

Se o destino obtido comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a devandita publicación.

3. O cómputo de prazos para a toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, se lles concedesen aos interesados.

4. Por necesidades de servizo, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferir o cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses. O segundo deles deberá dar conta deste acordo á Dirección Xeral de Administración Local.

Décimo cuarta. Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos

Os concursantes non poderán renunciar ao concurso nin ao posto que lles sexa adxudicado a partir do momento en que os tribunais eleven proposta de resolución á corporación.

As adxudicacións de postos no concurso terán carácter voluntario e non xerarán, en consecuencia, dereito ningún ao aboamento de indemnización por traslado.

Décimo quinta. Cesamento e toma de posesión

1. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ao posto, e o funcionario pasará a depender da correspondente corporación.

2. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes serán comunicadas á Dirección Xeral de Cooperación Local e á comunidade autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Décimo sexta. Recursos

Os actos administrativos dos tribunais de valoración poderán ser impugnados conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

ANEXO II
Bases específicas polas que se rexerán os concursos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal

* Secretaría-intervención de Folgoso do Courel (Lugo):

Entidade e provincia: Concello de Folgoso do Courel (Lugo).

Denominación e clase do posto: secretaría-intervención, clase 3ª.

Subescala e categoría: secretaría-intervención.

Poboación en 31 de decembro anterior: 1.160 habitantes.

Nivel de complemento de destino: 24.

• Baremo de méritos específicos.

A) Servizos prestados: máximo 3,60 puntos.

A.1) Por servizos prestados como funcionario de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de secretaría-intervención, en virtude de nomeamento provisional, definitivo ou en comisión de servizos en concellos que, durante o período de prestación de servizos, reúnan simultaneamente os seguintes requisitos:

– Que conten cunha poboación, segundo cifras oficiais do INE, de menos de 2.600 habitantes.

– Que conten cun orzamento inferior a 3.100.000 euros (créditos iniciais).

– Que conten con algunha sociedade mercantil de capital integramente municipal.

– Que exerzan a presidencia dunha mancomunidade de municipios.

– Que tramitasen algunha área de rehabilitación integral.

(0,09 por mes traballado, ata un máximo de 0,54 puntos).

A.2) Por servizos prestados como funcionario de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de secretaría-intervención, en virtude de nomeamento provisional, definitivo ou en comisión de servizos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que, durante o período de prestación de servizos, reúnan simultaneamente os seguintes requisitos:

– Que conten cunha poboación, segundo cifras oficiais do INE, de menos de 1.250 habitantes.

– Que conten cun orzamento inferior a 1.200.000 euros (créditos iniciais).

– Que conten cun territorio constituído pola Rede Natura no 95 % ou máis da súa superficie.

– Que aprobasen algún documento de análise, descrición, clasificación, ordenación e valoración dos postos de traballo do concello.

– Que tramitasen algún expediente de legalización da actividade de canteiras de lousa.

(0,34 por mes traballado, ata un máximo de 3,06 puntos).

B) Cursos de formación e perfeccionamento: máximo 3,15 puntos.

Valoraranse os cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, administracións públicas, escolas públicas oficiais de funcionarios e universidades, ou entidades públicas ou privadas ao abeiro dos acordos de formación continua para as administracións públicas, con independencia de que o seu baremo compute igualmente para méritos xerais ou autonómicos.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

B.1) Cursos en materia de dirección pública local de pequenos e medianos municipios (máximo un curso):

Cursos de 16 a 20 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 21 a 50 horas: 0,25 puntos.

Cursos de 51 a 100 horas: 0,50 puntos.

Cursos de máis de 100 horas: 1,00 punto.

B.2) Cursos en materia de pensamento eficaz (máximo un curso):

Cursos de 16 a 20 horas: 0,50 puntos.

Cursos de 21 a 50 horas: 1,00 punto.

B.3) Cursos en materia de rehabilitación e revitalización urbana en Galicia (máximo un curso):

Cursos de 16 a 20 horas: 0,25 puntos.

Cursos de 21 a 49 horas: 0,50 puntos.

Cursos de 50 a 100 horas: 1,00 punto.

B.4) Cursos en materia de sociedades mercantís (máximo un curso):

Cursos de 16 a 39 horas: 0,07 puntos.

Cursos de 40 a 50 horas: 0,15 puntos.

C) Outros méritos: máximo 0,75 puntos.

De conformidade co disposto no artigo 27.3 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/das funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, valoraranse igualmente os seguintes méritos:

C.1) Por posuír a licenciatura de Dereito: 0,05 puntos.

C.2) Por obter a puntuación máis alta de todos os aspirantes nalgún exercicio da fase de oposición nas probas selectivas para o acceso á subescala de secretaría-intervención (máximo un exame): 0,60 puntos.

C.3) Por desempeñar a secretaría do xulgado de paz nalgún concello (máximo un concello): 0,02 por mes traballado, ata un máximo de 0,10 puntos.

• Medios de acreditación ou valoración dos méritos.

Xustificación da inclusión dos méritos específicos:

1. Respecto da epígrafe de servizos prestados:

1.1. Por servizos prestados como funcionario de administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de secretaría-intervención, en virtude de nomeamento provisional, definitivo ou en comisión de servizos en concellos que, durante o período de prestación de servizos, reúnan simultaneamente os seguintes requisitos:

– Que conten cunha poboación, segundo cifras oficiais do INE, de menos de 2.600 habitantes.

– Que conten cun orzamento inferior a 3.100.000 euros (créditos iniciais).

– Que conten con algunha sociedade mercantil de capital integramente municipal.

– Que exerzan a presidencia dunha mancomunidade de municipios.

– Que tramitasen algunha área de rehabilitación integral.

Xustifícase a inclusión deste mérito pola experiencia adquirida na tramitación de expedientes de maior complexidade xurídica, o cal supón un beneficio para o Concello de Folgoso do Courel (Lugo) á hora de tramitar expedientes de igual ou menor complexidade.

1.2. Por servizos prestados como funcionario de Administración local con habilitación de carácter estatal, subescala de secretaría-intervención, en virtude de nomeamento provisional, definitivo ou en comisión de servizos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que, durante o período de prestación de servizos, reúnan simultaneamente os seguintes requisitos:

– Que conten cunha poboación, segundo cifras oficiais do INE, de menos de 1.250 habitantes.

– Que conten cun orzamento inferior a 1.200.000 euros (créditos iniciais).

– Que conten cun territorio constituído pola Rede Natura, no 95 % ou máis da súa superficie.

– Que aprobasen algún documento de análise, descrición, clasificación, ordenación e valoración dos postos de traballo do concello.

– Que tramitasen algún expediente de legalización da actividade de canteiras de lousa.

Xustifícase a inclusión deste mérito no feito de que o Concello de Folgoso do Courel conte cun territorio constituído fundamentalmente pola Rede Natura, o cal determina un réxime xurídico particular na tramitación de expedientes en materia de disciplina urbanística.

Igualmente, a aprobación dalgún documento de análise, descrición, clasificación, ordenación e valoración dos postos de traballo do concello xustifícase na necesidade de organizar o cadro de persoal estrutural do concello e definir as súas funcións, así como valorar o seu desempeño, o cal resulta necesario no Concello de Folgoso do Courel a pesar da súa escasa poboación.

En canto á poboación e orzamento indicados, xustifícase na necesidade de axustarse ás necesidades orzamentarias e á xestión da secretaría-intervención dun concello de características similares ao de Folgoso de Courel (Lugo).

Finalmente, xustifícase a exixencia de tramitación dalgún expediente de legalización de actividade de canteiras de lousa na extraordinaria importancia que ten neste concello a canteira de lousa existente, constituíndo o principal motor da economía do concello, cuxa legalización representou un dos principais expedientes obxecto de tramitación no concello, tanto pola súa complexidade como pola súa extensión temporal.

2. Respecto da epígrafe de cursos de formación e perfeccionamento:

Xustifícase a valoración dos cursos de formación e perfeccionamento pola súa directa relación co traballo que se vai desenvolver neste concello.

3. Respecto da epígrafe doutros méritos:

Xustifícase a súa inclusión no feito de que o Concello de Folgoso do Courel (Lugo) considera fundamental a titulación en Dereito para o desempeño das funcións de Secretaría, tendo en conta a función reservada aos habilitados estatais de asesoramento legal preceptivo, polo que é vontade desta corporación outorgar a mesma puntuación nas bases asignada. Ademais, é necesario sinalar que na actualidade se exixe titulación universitaria para o acceso á oposición de Secretaría-intervención, resultando os opositores que a superan funcionarios do grupo A1.

En canto á valoración por obter a puntuación máis alta de entre os aspirantes nalgún exercicio da fase de oposición nas probas selectivas para o acceso á subescala de secretaría-intervención, este concello considera que é un mérito que pode achegar ao concello uns maiores coñecementos sobre a materia obxecto de traballo para o posto de Secretaría-intervención, xa que as ditas cualificacións son avaliadas por un tribunal de persoal cualificado designado polo órgano competente da comunidade autónoma respectiva.

Finalmente, en canto á valoración do desempeño da secretaría do xulgado de paz, este concello considera que é un mérito que se debe valorar, xa que na casa do concello de Folgoso do Courel se exercen as funcións de Secretaría do Xulgado de Paz por parte dun traballador do concello, e a secretaría-intervención deberá asumir as súas funcións de forma accidental durante o desfrute das vacacións por parte do seu titular.

• Medios de acreditación e valoración dos méritos.

1. Só se valorarán aqueles méritos obtidos ou computados ata a data de presentación de instancias.

2. Os méritos relativos aos servizos prestados acreditaranse mediante certificado expedido polas entidades en que foron prestados os servizos.

3. Os méritos relativos aos cursos de formación e perfeccionamento acreditaranse mediante orixinal ou fotocopia compulsada do título, diploma ou certificado suficiente expedido polas institucións ou organismos organizadores deles.

4. Os méritos relativos a titulacións académicas acreditaranse mediante orixinal ou fotocopia compulsada do título expedido polas institucións respectivas.

5. Os méritos relativos á puntuación máis alta de todos os aspirantes nalgún exercicio da fase de oposición nas probas selectivas para o acceso á subescala de secretaría-intervención acreditaranse mediante certificado expedido polas autoridades competentes.

6. Os méritos relativos ao desempeño da secretaría do xulgado de paz acreditaranse mediante certificado expedido polas entidades en que foron prestados os servizos.

• Méritos de valoración autonómica.

A valoración dos méritos autonómicos efectuarase de conformidade co disposto no Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, ata un máximo de 3 puntos.

• Méritos xerais.

A valoración dos méritos xerais efectuarase de conformidade co disposto na normativa estatal reguladora, ata un total de 19,50 puntos.

• Entrevista persoal e puntuación mínima.

Non se recollen.

• Coñecemento da lingua galega.

De acordo co establecido no Decreto 133/2008, do 8 de maio, exíxese como requisito o coñecemento do idioma galego, que se acreditará mediante a presentación, coa solicitude de participación no concurso ou a petición de cobertura do posto, da documentación xustificativa de estar en posesión do certificado da lingua galega (Celga 4) ou do seu equivalente debidamente homologado.

• Comisión de valoración:

Tribunal titular:

Presidente: Luís Nieto Lago, secretario-interventor do Concello de Quiroga (Lugo).

1º vogal e secretaria da comisión de valoración: Elena Fernández del Valle, secretaria-interventora do Concello de Sober (Lugo).

2º vogal: Sandra María García Chenlo, secretaria do Concello de Valga (Pontevedra).

3º vogal: Celestino Amigo Liñares, secretario-interventor do Concello de Oza dos Ríos (A Coruña).

4º vogal: Francisco Javier Llorente Serrano, secretario-interventor do SAT Deputación Provincial de Ourense.

Tribunal suplente:

Presidente: Ricardo Pernas Romaní, viceinterventor do Concello de Tomiño (Pontevedra).

1º vogal e secretaria da comisión de valoración: Beatriz Oveja Villafañe, secretaria-interventora do Concello de Tordoia (A Coruña).

2º vogal: José Juan Vidal Vilanova, interventor do Concello de Sanxenxo (Pontevedra).

3º vogal: Miguel Ángel Gómez Álvarez, secretario-interventor do Concello de Pazos de Borbén (Pontevedra).

4º vogal: Marco Antonio García-Gabilán Sangil, secretario-interventor do Concello do Corgo (Lugo).

* Secretaría-intervención do Concello de Taboada (Lugo):

Denominación da corporación: Concello de Taboada.

Poboación en 31 de decembro de 2011: superior a 3.000 habitantes.

Denominación do posto: secretaría clase 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 28.

Contía anual do complemento específico: 17.040,94 euros.

• Baremo de méritos específicos.

A) Servizos prestados: máximo 3,60 puntos.

A.1) Secretarios-interventores que prestasen os seus servizos coma secretarios-interventores en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de máis de tres mil habitantes que contan con encoros afectados pola Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos de auga encorada, durante a vixencia da dita lei, e que pertence a entidades públicas que teñan por finalidade o desenvolvemento turístico, patrimonial, etnográfico, ambiental e a posta en valor destes recursos, e conten cun polígono industrial establecido no seu territorio: 0,045 por mes de servizo ou fracción, ata un máximo de 1,30 puntos.

A.2) Secretarios-interventores que prestasen os seus servizos coma secretarios-interventores en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de máis de tres mil habitantes e cun orzamento superior a 1.900.000 euros en créditos iniciais: 0,021 por mes de servizo ou fracción, ata un máximo de 0,80 puntos.

En caso de non existir orzamento aprobado durante a prestación de servizo, atenderase aos créditos iniciais do orzamento en vigor do exercicio inmediatamente anterior.

A.3) Secretarios-interventores que prestasen os seus servizos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia como secretarios ou interventores da categoría inmediata superior á que se concursa: 0,06 por mes ou fracción, ata un máximo de 1,50 puntos.

Para efectos de valoración dos subtítulos anteriores considéranse servizos prestados tanto con carácter definitivo coma por calquera das formas de provisión previstas no artigo 10.2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

B) Cursos de formación e perfeccionamento: máximo 3,15 puntos.

Soamente se valorarán os cursos impartidos polas administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e Administración local), escolas oficiais de funcionarios (Escola Galega de Administración Pública, Instituto Nacional de Administracións Públicas etc.) e universidades.

Non se valoran os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Non se valorarán os cursos inferiores a 16 horas.

Os cursos acreditaranse mediante copia compulsada de los títulos ou certificados de asistencia a que se refiran.

Materias sobre as cales deberán versar os cursos e puntuación máxima en relación a cada unha delas:

B.1) Por ter superado un curso de especialización na materia de urbanismo, con duración superior a 200 horas: 1 punto.

B.2) Por ter superado un curso de contabilidade e auditoría aplicable ás administracións públicas territoriais, con duración superior a 300 horas: 1 punto.

B.3) Cursos fundamentalmente dirixidos á protección e desenvolvemento dos valores e recursos etnográficos e socioeconómicos, ata un máximo de 0,75 puntos: 0,75 puntos por curso.

B.4) Curso de contratación pública dun mínimo 30 horas: 0,10 puntos.

Máximo 0,10 puntos.

B.5) Curso sobre subvencións ou materia orzamentaria dun mínimo de 30 horas: 0,10 puntos.

Máximo 0,10 puntos.

B.6) Curso de xestión de servizos públicos ou responsabilidade patrimonial dun mínimo de 30 horas: 0,10 puntos.

Máximo 0,10 puntos.

B.7) Curso sobre principios de eficacia y eficiencia ou función consultiva para a Administración local cun mínimo de 20 horas: 0,10 puntos.

Máximo 0,10 puntos.

C) Outros méritos: máximo 0,75 puntos.

Outorgarase unha puntuación de 0,75 puntos á licenciatura en Dereito.

Presentarase copia compulsada do título universitario.

• Medios de acreditación de méritos.

Epígrafe A: a acreditación destes méritos realizarase mediante certificados das distintas entidades locais en que se especifiquen as características sinaladas, así como o tempo de servizos prestados en cada unha delas, e importe dos orzamentos aprobados nos anos en que se prestaron os servizos. Ademais, presentarase certificado de servizos prestados da Dirección Xeral da Administración Local de Galicia.

Para efectos de valoración dos servizos prestados considéranse os servizos prestados tanto con carácter definitivo como por calquera das formas de provisión previstas no artigo 10.2 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

Epígrafe B: a acreditación realizarase mediante a presentación de orixinal, fotocopia compulsada do título, diploma ou certificado suficiente expedido polas institucións ou organismos organizadores deles.

Epígrafe C: presentarase orixinal ou copia compulsada do título universitario.

• Entrevista persoal.

Non se prevé a realización de entrevista.

• Comisión de valoración.

Tribunal titular:

Presidente: Santiago Mansilla, secretario-interventor do Concello de Cea.

Secretaria e 1º vogal: María Graciela Riveiro Moreira, secretaria-interventora do Concello de Taboada.

2º vogal: Fernando María Torre Comesaña, secretario do Concello de Mos.

3º vogal: María Isabel Colmenero Veloso, secretaria-interventora do Concello de San Cibrao das Viñas.

4º vogal: Ana Beatriz Oveja Villafañe, secretaria-interventora do Concello de Tordoia.

Tribunal suplente:

Presidenta: Ana María Loureiro Silva, secretaria-interventora do Concello de Vilariño de Conso.

Secretaria e 1º vogal: Anabel Corral Corral, secretaria-interventora do Concello de Pantón.

2º vogal: José Manuel González Trigás, secretario-interventor do Concello da Peroxa.

3º vogal: María del Carmen García Pérez, secretaria-interventora do Concello de Sarreaus.

4º vogal: Antonio Candal Caridad, secretario-interventor do Concello de Dozón.

* Secretaría-intervención do Concello de Barreiros (Lugo):

Denominación da corporación: Concello de Barreiros.

Poboación en 1 de xaneiro de 2012: 3.126 habitantes.

Denominación do posto: secretaría de clase 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Contía anual do complemento específico (14 pagas): 21.234,5 euros.

• Baremo de méritos específicos.

A) Servizos prestados: máximo 3,60 puntos.

A.1) Por servizos prestados mediante nomeamento definitivo, provisional, comisión de servizos ou acumulación, en postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal, da subescala de secretaría-intervención, en municipios da Comunidade Autónoma de Galicia que sexan costeiros: 0,15 por mes de servizo ou fracción ata un máximo de 3,60 puntos.

B) Cursos de formación e perfeccionamento: máximo 3,15 puntos.

Soamente se valorarán os cursos impartidos polas administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e Administración local), escolas públicas oficiais de funcionarios (Escola Galega de Administración Pública, Instituto Nacional de Administración Pública etc.) e universidades.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes, nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data da resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

Materias sobre as cales deberán versar os cursos e puntuación máxima en relación a cada unha delas:

B.1) En materia de urbanismo e ambiente (máximo 0,60 puntos):

Por cada curso de 15 horas e ata 35 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de máis de 35 horas: 0,30 puntos.

B.2) En materia de contratación administrativa (máximo 0,60 puntos):

Por cada curso de 15 horas e ata 35 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de máis de 35 horas: 0,30 puntos.

B.3) En materia de xestión económico-orzamentaria, contabilidade, xestión de subvencións e recadación local (máximo 0,60 puntos):

Por cada curso de 15 horas e ata 35 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de máis de 35 horas: 0,30 puntos.

B.4) En materia de planificación e xestión de recursos humanos, función pública e réxime electoral (máximo 0,60 puntos):

Por cada curso de 15 horas e ata 35 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de máis de 35 horas: 0,30 puntos.

B.5) En materia de patrimonio, xestión de servizos públicos locais e responsabilidade patrimonial no ámbito local (máximo 0,45 puntos):

Por cada curso de 15 horas e ata 35 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de máis de 35 horas: 0,30 puntos.

B.6) En materia de redacción de documentos administrativos (máximo 0,30 puntos):

Por cada curso de 15 horas e ata 35 horas: 0,15 puntos.

Por cada curso de máis de 35 horas: 0,30 puntos.

C) Docencia: máximo 0,75 puntos.

A puntuación máxima por esta epígrafe será de 0,75 puntos.

Valorarase a razón de 0,02 puntos por hora impartida en cursos organizados por algunha Administración pública e relativos a: organización territorial e normativa autonómica de Galicia, réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, servizos públicos, urbanismo, redacción de documentos administrativos, servizos ao cidadán, persoal e réxime económico e financeiro das entidades locais.

• Medios de acreditación de méritos.

1. Todos os méritos deberán acreditarse documentalmente ou mediante fotocopias debidamente compulsadas.

Epígrafe A) Servizos prestados: a acreditación destes méritos farase mediante certificación expedida polas entidades locais en que foron prestados os servizos, con indicación expresa do período de tempo en que o funcionario con habilitación de carácter estatal que participa no concurso prestou servizos para ela e de se os concellos son costeiros.

Epígrafe B) Cursos de formación e perfeccionamento: a acreditación realizarase mediante orixinal ou fotocopia compulsada do título, diploma ou certificado suficiente expedido polas institucións ou organismos que organizaron os cursos.

Epígrafe C) Docencia: a acreditación realizarase mediante certificación expedida pola correspondente Administración en que se realizou a actividade docente, con mención expresa do tempo de duración da actividade docente impartida polo funcionario con habilitación de carácter estatal que participa no concurso.

2. Entrevista: non se prevé a realización de entrevista.

3. Só se valorarán aqueles méritos obtidos ou computados ata a data en que finalice o prazo de presentación de instancias, debendo relacionarse sempre na solicitude de participación e acreditarse documentalmente.

• Comisión de valoración:

Tribunal titular:

Presidente: Vicente Pastor Martínez, secretario-interventor do Concello da Pontenova (Lugo).

Secretaria e vogal da comisión de valoración: Alejandra Pardo Vázquez, secretaria do Concello de Burela (Lugo).

Vogais:

María García Ferro, secretaria-interventora do Concello de Mondoñedo (Lugo).

José Ángel Balseiro Amido, secretario-interventor do Concello de Rábade (Lugo).

Carlos Temprano Temprano, secretario-interventor do Concello do Valadouro (Lugo).

Tribunal suplente:

Presidente: José María Vázquez Pita, secretario do Concello de Outeiro de Rei (Lugo).

Secretario e vogal da comisión de valoración: Marco Antonio García-Gabilán Sangil, secretario-interventor do Concello do Corgo (Lugo).

Vogais:

Ana Sampedro Millares, secretaria-interventora do Concello de Castroverde (Lugo).

María Begoña González Pedregal, secretaria-interventora do Concello de Lourenzá (Lugo).

José López Castro, secretario-interventor do Concello de Láncara (Lugo).

* Secretaría, categoría de entrada do Concello de Bergondo (A Coruña):

Corporación: Concello de Bergondo.

Nome do posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 27.046,81 euros.

• Baremo de méritos específicos.

A) Servizos prestados: máximo 3,60 puntos.

A.1) Por servizos prestados como secretario en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan como normativa urbanística unhas normas subsidiarias do planeamento municipal ditadas ao abeiro do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana: 0,05 puntos por mes traballado ou fracción, ata un máximo de 0,60 puntos.

Dado que o Concello de Bergondo conta na actualidade como normativa urbanística municipal cunhas normas subsidiarias do planeamento municipal ditadas baixo vixencia do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, e dado que a día de hoxe aínda se está en trámites de proceder a licitar a adxudicación dos traballos para a elaboración dun novo plan xeral de ordenación municipal adaptado á Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o que supón que o Concello de Bergondo durante varios anos se seguirá a rexer polas actuais normas subsidiarias, considérase prioritaria a valoración do feito de que os candidatos teñan traballado en concellos con semellante normativa urbanística municipal. Debe considerarse que estamos ante un mérito que, por un lado, está vinculado directamente ás funcións do posto, dada a importancia cuantitativa e cualitativa que representan as cuestións urbanísticas na vida municipal, tendo en conta que o secretario está chamado a efectuar o asesoramento legal sobre a materia, así como o impulso da tramitación administrativa das súas consecuencias (xestión urbanística, licenzas, disciplina, ordes de execución etc.). Por outro lado o urbanismo non é unha competencia accesoria ou privativa de determinados concellos, senón un ámbito funcional e irrenunciable.

A.2) Por servizos prestados como secretario en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que conten cunha sede electrónica municipal en funcionamento e operativa e teñan aprobada a correspondente ordenanza electrónica municipal: 0,15 puntos por mes traballado ou fracción ata un máximo de 1,5 puntos.

A Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, establece a obriga de que as administracións públicas se doten dunha sede electrónica definida como aquel enderezo electrónico dispoñible para os cidadáns a través das redes de telecomunicacións cuxa titularidade, xestión e administración corresponde a unha Administración pública, órgano ou entidade administrativa no exercicio das súas competencias. O Concello de Bergondo conta coa citada sede electrónica que permite a tramitación dun catálogo de procedementos (licenzas, subvencións, certificados de empadroamento etc.) nos cales ten unha intervención directa e decisiva o secretario da corporación, polo que se considera necesario valorar que os candidatos estean familiarizados co funcionamento e manexo da citada sede electrónica.

A.3) Por servizos prestados en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia cunha densidade de poboación de entre 180 habitantes/km2 e 250 habitantes/km2, segundo as cifras publicadas polo INE en 1 de xaneiro de 2011: 0,15 puntos por mes traballado ou fracción, ata un máximo de 1,5 puntos.

O presente mérito pretende avaliar as especiais características demográficas e de dispersión poboacional do Concello de Bergondo, carente dun verdadeiro núcleo urbano concentrado de poboación, xa que estas inciden en múltiples e variados aspectos da vida local e do tipo de expedientes e actuacións que se tramitan desde o Concello. Así, afectará o tipo de licenzas urbanísticas que se solicitan, a xestión de servizos que se demandan e á forma de prestación destes etc. Neste sentido, o dato poboacional é un dato obxectivo que é utilizado pola lexislación local frecuentemente como referencia para determinar as responsabilidades e dereitos municipais. Considérase desde este punto de vista necesario valorar o feito de que os candidatos teñan prestado servizos en concellos de semellantes características de densidade de poboación que o Concello de Bergondo.

B) Cursos de formación e perfeccionamento: máximo 3,15 puntos.

Valoraranse os cursos impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administracións Públicas, escolas públicas oficiais de funcionarios e universidades, ou entidades públicas ou privadas, ao abeiro dos acordos de formación continua para as administracións públicas.

Non se valorarán os diplomas relativos á realización de congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros e semellantes, nin aqueles cursos realizados con máis de 15 anos de antelación á data de resolución pola que se aproba a convocatoria do concurso.

B.1) Cursos relacionados coa xestión e planeamento urbanístico: máximo de 0,70 puntos.

Cursos de 16 a 20 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 21 a 50 horas: 0,20 puntos.

Cursos de máis de 50 horas: 0,30 puntos.

B.2) Cursos de contratación administrativa: máximo 0,40 puntos.

Cursos de 16 a 20 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 21 a 40 horas: 0,20 puntos.

Cursos de máis de 40 horas: 0,30 puntos.

B.3) Cursos de responsabilidade patrimonial: máximo 0,25 puntos.

Cursos de 16 a 25 horas: 0,10 puntos.

Cursos de máis de 25 horas: 0,25 puntos.

B.4) Cursos de linguaxe administrativa e comunicación escrita: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 25 horas: 0,10 puntos.

Cursos de máis de 25 horas: 0,20 puntos.

B.5) Cursos de normativa ambiental: máximo 0,50 puntos.

Cursos de 16 a 25 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 25 a 40 horas: 0,30 puntos.

Cursos de máis de 40 horas: 0,50 puntos.

B.6) Cursos de xestión de servizos municipais: máximo 0,40 puntos.

Cursos de 16 a 20 horas: 0,10 puntos.

Cursos de 21 a 40 horas: 0,20 puntos.

Cursos de máis de 40 horas: 0,30 puntos.

B.7) Curso sobre réxime xurídico das entidades locais: máximo 0,30 puntos.

Cursos de 16 a 25 horas: 0,10 puntos.

Cursos de máis de 25 horas: 0,20 puntos.

B.8) Curso sobre xestión de persoal: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 20 horas: 0,10 puntos.

Cursos de máis de 20 horas: 0,20 puntos.

B.9) Cursos sobre dereito penal no ámbito administrativo: máximo 0,20 puntos.

Cursos de 16 a 25 horas: 0,10 puntos.

Cursos de máis de 25 horas: 0,20 puntos.

Valóranse os cursos relacionados coas materias que máis directamente inciden na realización do traballo de secretaría do Concello, outorgando especial valoración ás materias de urbanismo, contratación, xestión de servizos e regulación ambiental, por entender que nun concello coas características do Concello de Bergondo son materias que tanto cuantitativamente como cualitativamente teñen unha maior importancia e nas que a intervención do secretario resulta máis determinante.

C) Docencia: máximo 0,75 puntos.

Valorarase a actividade docente cando vaia dirixida á ensinanza de materias sobre organización territorial e normativa autonómica de Galicia, réxime local, procedemento administrativo, contratación pública, servizos públicos, urbanismo e/ou persoal das entidades locais en cursos organizados polas deputacións provinciais, Federación Galega de Municipios e Provincias, Federación Española de Municipios e Provincias e/ou universidades.

A súa valoración será a razón de 0,025 puntos por hora impartida de cursos, excluíndose congresos, conferencias, seminarios, xornadas, simposios, encontros ou semellantes.

A valoración do presente mérito xustificase desde un dobre punto de vista. Por un lado, complementar a valoración de méritos autonómicos e xerais, xa que unicamente se valora a actividade docente en cursos organizados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega das Administracións Públicas ou realizados en colaboración con esta, cando na actualidade existen outras entidades públicas que promoven a realización de múltiples cursos relacionados co ámbito local. Por outro lado, tanto o convenio colectivo como o acordo regulador das condicións de traballo do Concello de Bergondo, no seu artigo 103, prevé a realización de programas de formación local, polo que se considera relevante valorar que os candidatos poidan ter experiencia docente para poder participar nesas actividades formativas organizadas polo Concello, tanto dirixidas aos seus traballadores, como as posibles charlas ou conferencias que se poidan organizar para os veciños en xeral.

• Medios de acreditación ou valoración de méritos.

Epígrafe de servizos prestados: a acreditación destes méritos farase mediante certificado expedido polas entidades en que foron prestados os servizos, onde se deixe constancia expresa das características do concello en que se prestaron servizos que sexa obxecto de valoración.

Epígrafe de cursos de formación e perfeccionamento: a acreditación realizarase mediante orixinal ou copia compulsada do título, diploma ou certificado suficiente expedido polas institucións ou organismos organizadores deles.

Epígrafe de actividade docente: a acreditación realizarase mediante certificado expedido polas entidades ou organismos organizadores dos cursos, onde se faga constar claramente o título do curso e o número de horas concretas impartidas polo candidato.

• Comisión de valoración.

Tribunal titular:

Presidenta: Gema López Vázquez, interventora do Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

1º vogal e secretaria da comisión de valoración: Laura Gutiérrez Ortiz, interventora do Concello de Bergondo (A Coruña).

2º vogal: Carlos Aurelio Vega García, interventor do Concello de Santa Comba (A Coruña).

3º vogal: Rosa Ana García Fernández, secretaria do Concello de Muxía (A Coruña).

4º vogal: Dalmiro Núñez Méndez, secretario do Concello de Oroso (A Coruña).

Tribunal suplente:

Presidenta: María Cabodevila Ros, secretaria-interventora do Concello de Oia (Pontevedra).

1º vogal e secretario da comisión de valoración: Manuel Vázquez Fernández, interventor do Concello de Arteixo (A Coruña).

2º vogal: José Ángel Balseiro Amido, secretario-interventor do Concello de Rábade (Lugo).

3º vogal: Jorge Rodríguez Fernández, secretario-interventor do Concello de Paderne (A Coruña).

4º vogal: Mª Teresa García Barral, auxiliar do Concello de Bergondo (A Coruña).

ANEXO III
Solicitude de participación (1)

I. Datos persoais

Apelidos

Nome

DNI

NRP

Domicilio (para os efectos de notificacións e comunicacións)

Rúa e número

Código postal e localidade

Provincia

Teléfono

II. Datos profesionais

Subescala (2)

Categoría

Situación administrativa en que se atope o concursante

Destino actual

Forma e data de nomeamento no destino actual (3)

III. Datos do posto a que se concursa

Entidade local en que radica o posto

Provincia

Denominación do posto

Solicita tomar parte no concurso ordinario de traslados para habilitados de carácter estatal, publicado por Resolución do ..., da Dirección Xeral de Administración Local, ao posto de traballo arriba indicado e declara non estar incurso en ningunha das causas de exclusión indicadas na base segunda das comúns, para o que achega a documentación que se especifica ao dorso.

Lugar, data e sinatura

Presidente da Corporación local de…………………………………………..

(1) Enviar unha solicitude ao presidente de cada corporación local da que se solicite o posto no concurso. Achegar, se é o caso, os documentos acreditativos do coñecemento da lingua da comunidade autónoma e a documentación acreditativa dos méritos específicos e de determinación autonómica alegados.

(2) Consignar só a subescala que faculta para concursar ao posto a que se refire esta solicitude.

(3) Definitivo ou provisional.

Dorso que se cita

Documentación que se achega

A. Do coñecemento da lingua da comunidade autónoma respectiva

B. Os méritos específicos

ANEXO IV
Orde de prelación de adxudicacións (1)

I. Datos persoais

Apelidos

Nome

DNI

NRP

Domicilio (para os efectos de notificacións e comunicacións)

Rúa e número

Código postal e localidade

Provincia

Teléfono

II. Datos profesionais

Subescala/s e categoría/s a que se concursa

Situación administrativa en que se atopa o concursante

Destino actual

Forma de data de nomeamento no destino actual (2)

Solicita tomar parte simultaneamente en distintos concursos de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios con habilitación de carácter estatal, publicados por Resolución da Dirección Xeral de Administración Local do ..., e formula ante esa dirección xeral, de acordo co establecido na base terceira, 2, das bases xerais desta convocatoria, a seguinte orde de prelación para o suposto de que lle sexan adxudicados dous ou máis dos solicitados:

(3)

Nº de orde

Código

Corporación e provincia

Nome do posto

5º (4)

Data e sinatura

Dirección Xeral de Administración Local (5)

(1) Enviar un único modelo de orde de prelación que inclúa todos os postos solicitados no concurso ordinario.

(2) Definitivo ou provisional.

(3) O devandito código é o número que aparece xunto á denominación do posto no anexo I desta convocatoria.

(4) Engádense cantos números sexan precisos en función da extensión que se desexe dar á prelación.