Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9255

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 14 de marzo de 2013 pola que se resolve parcialmente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de catro postos de traballo vacantes na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 1 de febreiro de 2013 (DOG nº 30, do 12 de febreiro), de conformidade co establecido na base quinta da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos funcionarios que se expresan no anexo desta orde, seleccionados conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 1 de febreiro de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se, na data na que deben cesar no seu destino, os funcionarios están gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade na que actualmente prestan os seus servizos os funcionarios, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. Os xefes dos centros en que causen baixa os funcionarios, así como os daqueles en que obteñan destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Corujo González, Manuel.

NRP: 3385013324 A2067.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia-escala de veterinarios.

Denominación do posto: xefe do Servizo de Gandaría.

Código: MR.C99.10.501.27001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Muñoz García, Víctor Manuel.

NRP: 0972713335 A2067.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo facultativo superior da Xunta de Galicia-escala de veterinarios.

Denominación do posto: xefe do Servizo de Gandaría.

Código: MR.C99.10.501.36001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial de Pontevedra.

Localidade: Pontevedra.