Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2013 Páx. 9221

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crean e clasifican dous postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

O Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro formula proposta relativa á creación dos postos de Secretaría e Intervención do Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

O artigo 5.1 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, establece que os postos de traballo reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal en áreas metropolitanas, mancomunidades de municipios e consorcios locais se clasificarán en atención ao orzamento propio de que dispoña a dita entidade local, como se indica a seguir:

• Orzamento superior a 18.000.000 de euros: clase primeira.

• Orzamento superior a 6.000.000 de euros: clase segunda.

• Orzamento inferior a 6.000.000 de euros: clase terceira.

E no punto 2 dispón que os ditos postos se poderán clasificar en clase superior á do punto anterior por solicitude da entidade local supramunicipal.

Na súa virtude, de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, nos artigos 3, 5, 7, 10 e 44 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición transitoria sétima da Lei 7/2007, e demais normativa de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Crear os postos de traballo de Secretaría e Intervención-Tesouraría do Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro, que se clasifican como se especifica no anexo que se xunta a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2013

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración local

ANEXO

Entidade local: Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

Posto de traballo: Secretaría.

Clase: segunda.

Subescala: Secretaría.

Forma de provisión: concurso de méritos.

Entidade local: Consorcio para a xestión do ciclo urbano da auga do Louro.

Posto de traballo: Intervención.

Clase: segunda.

Subescala: Intervención-Tesouraría.

Forma de provisión: concurso de méritos.