Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (686/2010).

Número de autos: procedemento ordinario 686/2010 F.

Demandante: María Núñez Regueiro.

Avogada: Laura Morán Rey.

Demandado: Herederos de Andrés Regueiro Sánchez, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 686/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Núñez Regueiro contra a empresa Herederos de Andrés Regueiro Sánchez, S.L. e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 2 A Coruña.

Sentenza: 105/2013.

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Procedemento: reclamación de cantidade número 686/2010.

Sentenza.

A Coruña, 1 de marzo de 2013.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 686/2010 seguidos por instancia de María Núñez Regueiro, que comparece asistida pola letrada Sra. Morán Rey, contra a empresa Herederos de Andrés Regueiro Sánchez, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de salarios.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda recibida no Xulgado do Social número 2 da Coruña en data 28.7.2010 contra a demandada xa mencionada, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza e se condenase a demandada a aboarlle a aquela a cantidade de 23.015,02 euros por sumas debidas en concepto de indemnización por despedimento, salarios correspondentes aos meses de febreiro, marzo e abril de 2010 e liquidación correspondente ao 21 de maio de 2010.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, tras ratificado esta a súa demanda, sen que comparecese a entidade demandada nin os seus representantes e recibido o preito a proba pola parte comparecida propúxose documental, que declarada pertinente se practicou co resultado que consta en autos; a seguir a demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais, agás o prazo para ditar sentenza.

Feitos probados.

Primeiro. A demandante, María Núñez Regueiro, prestou servizos na empresa Herederos de Andrés Regueiro, S.L. desde o 1.8.1996 ao 21.5.2010, coa categoría profesional de titulada G, e percibiu un salario mensual con rateo de pagas extras de 2.162,10 euros (ramo de proba da demandante).

Segundo. A empresa demandada, que non compareceu ao acto da vista, non se acreditou aboamento das cantidades reclamadas en concepto de indemnización por despedimento, salarios correspondentes aos meses de febreiro, marzo e abril de 2010 e liquidación correspondente a 21 de maio de 2010.

Terceiro. A traballadora non ten nin tivo no último ano a condición de delegada de persoal nin membro de comité de empresa nin representante sindical.

Cuarto. Con data 23.7.2010 tivo lugar o acto de conciliación previa ante o SMAC, que finalizou co resultado de «intentado sen efecto».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Na demanda reitora do presente procedemento solicita a parte demandante que se condene a demandada a aboarlle á Sra. Núñez a cantidade de 23.015,02 euros en concepto de indemnización por despedimento, salarios correspondentes aos meses de febreiro, marzo e abril de 2010 e liquidación correspondente a 21 de maio de 2010.

A empresa demandada Herederos de Andrés Regueiro, S.L. non comparece para os efectos de desvirtuar as alegacións do demandante. O Fogasa tampouco comparece ao acto de xuízo.

Na súa consideración e entrando no fondo da litis formulada, a teor do disposto no artigo 217 da LEC, texto legal de aplicación subsidiaria no ámbito da xurisdición social, dada a non comparecencia da empresa demandada e os seus representantes legais, resultou acreditada a relación laboral ou contrato de traballo que vincula o demandante coa demandada durante o período obxecto de reclamación salarial, así como a remuneración das cantidades reclamadas, conclusión que se extrae da documental que consta en autos, principalmente, carta de despedimento da Sra. Núñez de data 21.5.2010 e recibo de liquidación e liquidación, achegados no acto da vista, que non foron, por outra parte, impugnados pola entidade citada no dito acto.

Segundo. Por tanto e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, debe estima integramente a demanda, condenando a demandada a aboarlle á Sra. Núñez a cantidade de 23.015,02 euros en concepto de indemnización por despedimento, salarios correspondentes aos meses de febreiro, marzo e abril de 2010 e liquidación correspondente a 21 de maio de 2010.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación.

Decido que considerando integramente a demanda formulada por María Núñez Regueiro, que comparece asistida pola letrada Sra. Morán Rey, contra a empresa Herederos de Andrés Regueiro Sánchez, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 23.015,02 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola Sra. xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Herederos de Andrés Regueiro Sánchez, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial