Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (955/2010).

Número de autos: procedemento ordinario 955/2010 F.

Demandante: María Jesús Garaboa Fraga.

Demandados: Louzán Angeriz, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 955/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Garaboa Fraga contra a empresa Lozano Angeriz, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Sentenza: 106/2013.

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Procedemento: reclamación de cantidade número 955/2010.

Sentenza.

A Coruña, un de marzo de dous mil trece.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 955/2010 seguidos por instancia de María Jesús Garaboa Fraga, que comparece asistida pola letrada Sra. Muíño Pose, contra a empresa Lozano Argeriz, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, versando a litis sobre reclamación de cantidade.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda recibida no Xulgado do Social número 2 en data 26.10.2010 contra a demandada xa mencionada, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza en que se condenaba a demandada a aboarlle a aquela a cantidade de 2.692,04 euros por sumas debidas en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos anos 2009 e 2010.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda foron convocadas as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, e tras ratificar esta a súa demanda, sen que comparecese a entidade demandada nin os seus representantes e recibido o preito a proba pola parte comparecida, propúxose documental e confesión xudicial; a seguir a demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais, agás o prazo para ditar sentenza.

Feitos probados.

Primeiro. A demandante, María Jesús Garaboa Fraga, prestou servizos na empresa Lozano Argeriz, S.L. desde o 26.5.2008 ata o 23.8.2010, coa categoría profesional de auxiliar administrativa, percibindo un salario mensual con rateo de pagas extras de 891,61 euros (ramo de proba da demandante).

Segundo. A empresa demandada, que non compareceu ao acto da vista, non acreditou aboamento das cantidades reclamadas en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos anos 2009 e 2010.

Terceiro. Á relación laboral existente entre as partes resúltalle de aplicación o Convenio colectivo de panadarías da provincia da Coruña.

Cuarto. Con data 5.10.2010 tivo lugar o acto de conciliación previa ante o SMAC, finalizado co resultado de «intentado sen efecto».

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Na demanda reitora do presente procedemento solicita a parte demandante que se condene a demandada a aboarlle a cantidade de 2.692,04 euros por sumas debidas en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos anos 2009 e 2010.

A empresa demandada Lozano Argeriz, S.L. non comparece para os efectos de desvirtuar as alegacións do demandante. O Fogasa comparece ao acto da vista para pór de manifesto da demandante é aquel polo que realmente se cotizou, xuntando para a súa comprobación certificado das bases de cotización.

Con carácter previo e como refire a STSX de Galicia, Sala do Social, do 12.2.2010. Recurso 5144/2009, non debemos esquecer que a declaración de confeso do demandado, como interesou a demandante, non obvia a obriga da parte de probar os feitos que contén a súa demanda, así se expresa a dita resolución:

«... a teor do disposto no artigo 91.2 da Lei de procedemento laboral, a ficta confessio non é unha obriga para o xulgador de instancia, senón unha facultade discrecional deste, que “poderá” ter ou non por confeso conforme a confesar non comparecente, sendo así que o artigo 91 da Lei de procedemento laboral establece a posibilidade de que o xuíz poida ter por confesa a parte que non comparecese sen xusta causa á primeira citación, mentres que o artigo 94.2 do mesmo texto legal permite, non obriga, que poidan estimarse probadas as alegacións pola parte que propuxo a proba que, acordada polo xulgador, non foi achegada pola parte requirida para tal efecto, de maneira que, a priori, a non achega da proba pola parte requirida a iso non produce, sen máis, indefensión á parte requirente, pois é facultade do xulgador dar por probadas ou non as alegacións feitas en relación coa proba acordada, tendo en conta que en atención á inveterada doutrina, por todas a sentenza do 2.3.1992, a non comparecencia de demandado non exime o demandante de probar os feitos en que fundamenta a súa propia petición por aplicación do principio de distribución da carga da proba, que lle impón a de acreditar os feitos constitutivos da súa pretensión...».

Na súa consideración e entrando no fondo da litis formulada, a teor do disposto no artigo 217 da LAC, texto legal de aplicación subsidiaria no ámbito da xurisdición social, dada a non comparecencia da empresa demandada e os seus representantes legais, resultou acreditada a relación laboral ou contrato de traballo que vincula a demandante coa demandada durante o período obxecto de reclamación salarial, así como a devindicación das cantidades reclamadas, conclusión que se extrae da documental que consta en autos, principalmente, contrato de traballo e recibos de salarios da Sra. Garaboa, achegados no acto da vista, que non foron, por outra parte, impugnados pola entidade citada no dito acto.

Segundo. Por tanto e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, debe admitirse integramente a demanda, e condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 2.692,04 euros, por sumas debidas en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos anos 2009 e 2010.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación

Decido:

Que estimando integramente a demanda formulada por María Jesús Garaboa Fraga, que comparece asistida pola letrada Sra. Muíño Pose, contra a empresa Lozano Argeriz, S.L., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 2.692,04 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola Sra. xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nesta indicados. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Lozano Angeriz, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial