Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (950/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 950/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Miguel Martínez Calvo contra a empresa Galex de Publicidad Exterior, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza: 104/2013.

Procedemento: reclamación de cantidade 950/2010.

Sentenza.

Na Coruña, 1 de marzo de 2013

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 950/2010, seguidos por instancia de Luis Miguel Martínez Calvo, que comparece asistido pola letrada Sra. Pérez López, contra a empresa Galex de Publicidad Exterior, S.A., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, versando la litis sobre reclamación de salarios.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda recibida no Xulgado do Social número 2 con data do 23.10.2010, contra a demandada xa mencionada, na cal despois de expor os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza condenando a demandada a aboar a aquela a cantidade de 3.932,43 euros, por sumas debidas en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos anos 2008, 2009 e 2010.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda, se convocaron as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, que ratificou a súa demanda, sen comparecer a entidade demandada nin os seus representantes e, recibido o preito a proba pola parte comparecida, propúxose confesión xudicial e documental que, declarada pertinente, se practicou co resultado que consta en autos; seguidamente a demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais, excepto o prazo para ditar sentenza.

Feitos probados:

Primeiro. O demandante, Luis Miguel Martínez Calvo, prestou servizos na empresa Galex Publicidad Exterior, S.A. desde o 29.11.2000, coa categoría profesional de oficial primeira, percibindo un salario mensual con rateo de pagas extras de 1.471,13 euros (ramo de proba da demandante).

Segundo. A empresa demandada, que non compareceu ao acto da vista, non acreditou o aboamento das cantidades reclamadas en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos anos 2008, 2009 e 2010.

Terceiro. O traballador non ten nin tivo no último ano a condición de delegado de persoal nin membro de comité de empresa, nin representante sindical.

Cuarto. Con data do 26.8.2010 tivo lugar acto de conciliación previa ante o SMAC, finalizado co resultado de «intentado sen efecto».

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Na demanda reitora deste procedemento a parte demandante solicita que se condene a demandada a aboar ao Sr. Martínez Calvo a cantidade de 3.932,43 euros en concepto de diferenzas salariais correspondentes aos anos 2008, 2009 e 2010.

A empresa demandada Galex Publicidad Exterior, S.A. non comparece para os efectos de desvirtuar as alegacións do demandante. O Fogasa comparece e alega prescrición respecto ás cantidades reclamadas anteriores ao 12.8.2009 con base no disposto no artigo 59 do Estatuto dos traballadores. Asumindo as alegacións do Fogasa como acertadas, presentada papeleta de conciliación con data do 12.8.2010, debemos declarar prescrita a acción para reclamar as cantidades anteriores ao 12.8.2009.

Con carácter previo e como refire a STSX de Galicia, Sala do Social, do 12.2.2010. Recurso 5144/2009, non debemos esquecer que a declaración de confeso do demandado, como solicitou a demandante, non obvia a obriga da parte de probar os feitos que contén a súa demanda; así se expresa a dita resolución:

“… a teor do disposto no artigo 91.2 da Lei de procedemento laboral, a ficta confessio non é unha obriga para o xulgador de instancia, senón unha facultade discrecional deste que poderá ter ou non por confeso conforme a confesar non comparecente, sendo así que o artigo 91 da Lei de procedemento laboral establece a posibilidade de que o xuíz poida ter por confesa a parte que non comparecese sen xusta causa á primeira citación, mentres que o artigo 94.2 do mesmo texto legal permite, non obriga, que se poidan considerar probadas as alegacións pola parte que propuxo a proba que, acordada polo xulgador, non achegou a parte requirida para tal efecto, de maneira que, a priori, a non presentación da proba pola parte requirida para iso non produce, sen máis, indefensión á parte requirente, pois é facultade do xulgador dar por probadas ou non as alegacións feitas en relación coa proba acordada, tendo en conta que en atención a inveterada doutrina, por todas a sentenza do 2.3.1992, a incomparecencia de demandado non exime o demandante de probar os feitos en que fundamenta a súa propia petición por aplicación do principio de distribución da carga da proba, que lle impón a de acreditar os feitos constitutivos da súa pretensión ...”.

Na súa consideración e entrando no fondo da litis formulada, a teor do disposto no artigo 217 da LAC, texto legal de aplicación subsidiaria no ámbito da xurisdición social, dada a incomparecencia da empresa demandada e dos seus representantes legais, resultou acreditada a relación laboral ou contrato de traballo que vincula o demandante coa demandada durante o período obxecto de reclamación salarial, así como a devindicación das cantidades reclamadas, conclusión que se extrae da documental existente en autos, principalmente, contrato de traballo, follas de salarios e informe de vida laboral do Sr. Martínez, así como convenio colectivo de aplicación, achegados no acto da vista, que non foron, por outra parte, impugnados pola entidade citada en tal acto.

Segundo. Finalmente e en consonancia co exposto nos feitos probados e fundamento xurídico precedente, débese estimar parcialmente a demanda, condenando a demandada a lle aboar ao Sr. Martínez Calvo a cantidade de 1.049,09 euros en concepto de diferenzas salariais devindicadas desde agosto de 2009 e ano 2010.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación

Resolvo:

Que estimando parcialmente a demanda formulada por Luis Miguel Martínez Calvo, que comparece asistido pola letrada Sra. Pérez López, contra a empresa Galex de Publicidad Exterior, S.A., que non comparece, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 1.049,09 euros, no sentido exposto no fundamento de dereito segundo, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa correspondente legalmente establecida.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data nela indicados. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galex de Publicidad Exterior, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial