Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8759

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1148/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1148/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Benito Suárez Casanova contra a empresa Multifiber, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Resolución:

1º. Que, admitindo a demanda formulada por Benito Suárez Casanova contra a empresa Multifiber condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.422,13 euros, que lle debe en concepto de salarios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos previstos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe recurso ningún.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose realizando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Multifiber, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

O secretario xudicial