Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Venres, 22 de marzo de 2013 Páx. 8760

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1227/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1227/2012 por instancia de José Manuel Crespo García contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 26.2.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por José Manuel Crespo García fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e Sabico Seguridad, S.A., con intervención do Ministerio Fiscal e, en consecuencia:

– Declárase nulo o despedimento do traballador José Manuel Crespo García efectuado pola empresa Sabico Seguridad, S.A.

– Absólvese a Esabe Vigilancia, S.A. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Sabico Seguridad, S.A. á inmediata readmisión do demandante no seu posto de traballo, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento, e que alcanzan, ata a data da presente a cantidade de 7.389,68 euros, así como os que se perciban ata a efectiva readmisión a razón de 52,04 euros.

– Condénase a empresa Sabico Seguridad, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil euros (5.000 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 4 de marzo de 2013

A secretaria xudicial