Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8474

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (780/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 780/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Arias Santiago contra a empresa Mercado Tropical, S.L., sobre despedimento, se ditou o seguinte auto, con data do 28.11.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que rectifico o erro material que contén a parte dispositiva da sentenza e do auto do 15.10.2012, que debe quedar redactada da seguinte maneira:

Que estimo a demanda interposta por Cristina Arias Santiago fronte á mercantil Mercado Tropical, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 30.9.2011, así mesmo declaro extinguida a relación laboral existente entre Cristina Arias Santiago e a mercantil Mercado Tropical, S.L., condenando a mercantil Mercado Tropical, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 2.215,59 euros en concepto de indemnización por despedimento improcedente, así como a aboar a cantidade de 10.494,90 euros en concepto de salarios de tramitación, calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución (270 días).

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que, se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Mercado Tropical, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial