Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8472

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (102/2012 auto).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 102/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Ferreiro Chorén sobre despedimento, se ditou o seguinte auto do 19 de novembro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que rectifico o erro de transcrición que conteñen os feitos probados segundo e cuarto, os cales deben quedar redactados da seguinte maneira:

Segundo. Isabel Iglesias Becerra vén prestando os seus servizos por conta das mercantís Grial Libros, S.L. e de Grace A. Nouel Brache desde o día 10 de decembro de 2003, coa categoría profesional de dependente e con dereito a percibir un salario mensual, incluído o rateo de pagas extras, de 1.251,09 euros.

Cuarto. O grupo de empresas formado por Grial Libros, S.L. e Grace A. Nouel Brache débelle á demandante a cantidade de 16.751,85 euros de conformidade coa seguinte de-sagregación: 9.662,34 euros de salarios e 7.089,51 euros de indemnización.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a parte dispositiva da sentenza, a cal debe quedar redactada da seguinte maneira:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por Isabel Iglesias Becerra fronte a Grial Libros, S.L., Nouel Bracha, Grace A., Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Antonio Pérez Rubín e, en consecuencia, condeno a mercantil Grial Libros, S.L. e a Nouel Brache, Grace A. a aboarlle conxunta e solidariamente á demandante a cantidade de 16.751,85 euros polos conceptos de salarios (9.662,34 euros) e indemnización pendente (7.089,51 euros), absolvendo o resto de demandados das pretensións fronte a eles deducidas, condenando a Germán Antonio Pérez Rubín na súa soa condición de administrador concursal.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, aínda que, se poderá interpoñer contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Aula 25 Distribuidora e Grace Antonia Nouel Grace, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial