Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 20 de marzo de 2013 Páx. 8471

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (102/2012).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 102/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Ferreiro Chorén sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza do 4 de setembro de 2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo parcialmente a demanda interposta por José Ramón Ferreiro Chorén fronte a Grial Libros, S.L., Nouche Brache Grace, Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Anotio Pérez Rubín e, en consecuencia, condeno a mercantil Grial Libros, S.L. e a Nouche Brache Grace a aboar conxunta e solidariamente ao demandante a cantidade de 29.131,81 euros polos conceptos de salarios (11.415,73 euros) e indemnización pendente (17.716,08 euros), absolvendo o resto de demandados das pretensións deducidas fronte a eles, condenando a Germán Antonio Pérez Rubín na súa soa condición de administrador concursal.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grace Antonia Nouel Grace, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2013

A secretaria xudicial